Ferrol participa da Asemblea Xeral dos 25 anos das cidades do Eixo Atlántico

eixoatlantico1O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, participaba hoxe na asemblea xeral da entidade que celebra un cuarto de século de historia

Foi no Museo Interactivo da Historia da cidade de Lugo, no que pola tarde, terá lugar a apertura dunha exposición conmemorativa polo seu 25 aniversario

Ferrol, 15 de febreiro.- O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, tomou parte este mércores da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que celebra neste 2017 os 25 anos de historia formando un eixo de cooperación e traballo en liña entre as cidades no Noroeste peninsular.

Foi nunha asemblea celebrada durante a mañá deste mércores 15 no Museo Interactivo da Historia de Lugo que comezaba as 10:30 coa aprobación do balance de xestión e o informe económico. Deuse conta do programa de acción e o orzamento previsto para esmapa_ciudades20141te ano 2017.

A asemblea estivo presidida polo alcalde de Viana do Castelo, José Mª Costa, logo da benvida da alcaldesa anfitriona, Lara Méndez, e contou coa participación do presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, así como representantes das 38 cidades e entidades que integran o Eixo entre as que se conta Ferrol. Pechouse contras as 13:30, coa intervención do secretario de Estado de Infraestruturas, Xulio Gómez. 

Coincidindo con este 25 aniversario da creación do Eixo Atlántico, xa pola tarde, terá lugar a a inauguración dunha exposición conmemorativa na Praza Maior de Lugo. Trátase dunha instalación composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos onde se fai un percorrido pola historia do Eixo e os seus grandes fitos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s