Ferrol súmase a V Edición do Festival Atlántica

festival-atlantica1É un festival moi singular de narración oral que traerá a nosa cidade a narradores internacionais do 15 a0 19 de marzo

O concelleiro de Educación, Cultura e Festas participaba hoxe en Compostela da presentación xunto aos representantes das outras 7 sedes galegas deste evento

Ferrol, 15 de febreiro.- O Festival Atlántica 2017 chega este ano a súa quinta edición. Vaise celebrar do 15 ao 19 de marzo con actuacións en toda Galicia, repartidas entre sete cidades entre as que se conta, por primeira vez Ferrol.

O programa incluirá narradores internacionais e nacionais que desenvolverán actividades para adultos e cativos en sete sedes diferentes: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lalín, Ourense, Vigo e Teo, .

rolda-prensa-1
Rolda de prensa no día de hoxe

O concelleiro de Educación, Cultura e Festas de Ferrol, Suso Basterrechea, participaba hoxe en Compostela, no Museo do Pobo Galego, dunha presentación conxunta do Atlántica xunto cos seus homólogos en Santiago, Marta Lois; José Manuel Sande, Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento da Coruña; Pilar Pérez Faxil, Concelleira de cultura e educación de Teo; Lara Rodríguez, Concelleira de Cultura de Lalín; Marta Souto, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo; Rosa M. Díaz Naya, Directora da Biblioteca Pública de Ourense e Soledad Felloza, a directora do Festival Atlántica.

Entre os narradores figuran contadores de historias chegados desde Alemaña. Uruguai ou Madeira (Portugal) e nomes propios como Quico Cadaval, Candido Pazó, Charo Pita ou Raquel Queizás, algúns deles habituais na Hora do Conto da programación anual da Biblioteca da Praza de España, tan demandada como exitosa entre os nenos, con sesión adicadas, en exclusiva a bebés de 0 a 24 meses.

Achegamos o cartaz. Podedes atopar mais información en @festivalatlantica

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s