Récord de comparsas no rexurdimento do #EntroidoFerrolán2017

thumbnail_20170217_12094415 comparsas da comarca participan o luns 27 no desfile desde a praza de España ata Amboaxe, onde terá lugar o festival

Unha das novidades deste ano é o martes 28 como festivo local co ánimo de darlle un empurrón a estes festexos

O barrio de Ultramar enterrará a sardiña o venres ás 21:00 horas

Os hostaleiros súmanse a celebración coas Viandas do Entroido, medias racións a 4 euros

Ferrol, 17 febreiro.- Récord absoluto de comparsas no Rexurdimento do Entroido en Ferrol. 15 comparsas, da cidade e de toda a comarca, están inscritas para participar no festival que se vai celebrar o luns 27 ás 19:30 horas na praza de Amboaxe.

Será a verbena de remate a un día de xolda e descaro que arranca co tradicional desfile desde a praza de España, as 18:00 horas, e que percorrerá todo o centro da Magdalena con música, disfraces ocorrentes e diversión. Logo do festival, música a cargo de Los Zares, nunha verbena que se estirará ata a medianoite.

Así o manifestaba hoxe en rolda de prensa o concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrecha, que facía a presentación dos actos acompaño polos representantes da Asociación de Hostaleiros e comerciantes do centro, e da presidenta da AAVV de Ultramar, barrio no que tradicionalmente se ven dando por pechado o Entroido co enterro da sardiña.

O concelleiro amosaba a súa satisfacción porque logo de catro ou cinco xuntanzas nas que ven traballando nos últimos meses con intensidade, logrou a implicación de moitas comparsas -mais do dobre que no 2016- para empurrar unha festa que viña perdendo brillo nas derradeiras edicións xa que unicamente resistía activa unha comparsa na cidade.

Unha das novidades importantes desta edición é que o martes de Entroido, o día 28, será festivo local, por acordo plenario, logo de que o día de San Xiao, cadrase en sábado. O martes 28 ás 17:00 terá lugar o Festival Infantil.

A festa volverá a ter os nenos como protagonistas na xonada do venres 3, co Festival Infantil de Ultramar, pasarrúas, festival de comparsas na Praza e queima da sardiña.

VIANDAS DE ENTROIDO 2017

A esta festa haille que engadir o compoñente gastronómico, coa implicación da Asociación de Hostaleiros da cidade. Os locais participantes ofrecerán aos seus clientes medias racións especiais ao prezo único de 4 euros do venres 24 ao martes 28.

Participan os seguintes establecementos:

O CANDIL

SUR

CASA ALEXO

A VACA

INDIANA

POUSADA DAS ÁNIMAS

PICASSO

TABERNA DO CANTÓN

MESÓN A MAGDALENA

CARRÍS ALMIRANTE (Cafetería)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s