Ferrol, cidade libre de cortes de luz #FacendoCidade

jorgeA adhesión ao convenio da Fegamp para evitar os cortes por impagos das persoas favorecidas foi aprobada este luns na Xunta de Goberno Local

O Goberno de Ferrol saca a licitación 15 postos no Mercado da Magdalena e outros 16 no de Recimil e proxecta a reforma de Caranza con 500.000 euros nos orzamentos do 2017

O pleno extraordinario do mércores 22 abordará a relación de obras que optan ao POS+2017 e a aprobación da taxa necesaria para activar o saneamento en abril

“É unha das taxas mais baixas do Estado e idéntica para os veciños de Ferrol e Narón”, reiterou

Ferrol, 20 febreiro.- Ferrol é xa unha cidade declarada libre de cortes de luz. A adhesión ao convenio da Fegamp, para a protección de persoas e familias en situación de vulnerabilidade social. Na práctica, pasa por evitar os cortes no subministro por impago nas familias en situación de precariedade económica. Este acordo, que ven a ser unha ampliación do que o Goberno xa viña negociando meses atrás e directamente coas entidades subministradoras da enerxía, foi aprobado hoxe na Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste luns 20.

O alcalde, Jorge Suárez, na rolda de prensa posterior a XGL manifestou que o Goberno local dispón dunha partida específica dotada con 81.000 euros para este fin. No ano 2016, de acordo aos datos que figuran nos Servizos Sociais do Concello, 388 familias foron solicitantes da axuda de emerxencia, o que implica un millar de persoas beneficiarias cun nivel de ingresos de media de 426 euros por unidade familiar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s