O Concello abre o prazo de Ferrol a Escena 2017 #ViveCultura#FacendoCidade

suso-basterrechea-11-9Estará aberto do 22 de febreiro ata o 13 de marzo, ambos incluídos, no Rexistro

A concellería de Educación informa a próxima apertura do prazo para a escolarización dos nenos de 3 anos http://www.ferrol.es/educacion

Os pais e titores dos nenos nados no 2014 recibirán o certificado de empadroamento que precisan para a matrícula por correo ordinario estes días

Ferrol, 21 febrero.- O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura, convoca, un ano mais, o programa FERROL A ESCENA 2017. Está aberto a tódolos grupos de artes escénicas afeccionados do municipio que estean debidamente inscritos no Rexistro municipal de entidades cidadás así como as asociacións veciñais do Concello de Ferrol, que tamén figuren no mesmo.

Os grupos que opten á participación desde Ferrol a Escena 2017 deberán cumprimentar o formulario a achegar a documentación requirida nas bases, que estarán a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello, no horario habitual de luns a venres (sábado pechado) e no taboleiro de anuncios da páxina web http://www.ferrol.es.

O prazo para presentar as solicitudes ábrese mañá no Rexistro, do 22 de febreiro de 2017 ao 13 de marzo de 2017, ámbolos dous incluídos.

Unha vez elaborado o catálogo de grupos inscritos, as asociacións veciñais deberán presentar os ANEXOS II e III a modo de solicitude nun prazo de 15 días naturais contados dende a publicación do dito catálogo na páxina web do Concello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s