O Entroido sabe a cocido en Ultramar #EntroidoFerrol2017

galicamp11 LOCAIS SUMÁNSE A ‘SABORES DE ENTROIDO’, CON GRANDES TAPAS A 4 EUROS CUNHA REITERPRETACIÓN DO COCIDO EN FORMA DE PASTEL, ALBÓNDIGAS, CREPE OU CROQUETAS

É unha actividade de Ultramar Village co respaldo da concellería de Promoción Económica do Goberno de Ferrol

Ferrol, 23 de febreiro.- O barrio de Ultramar súmase desde este venres aos festexos do Rexurdimento Entroido ferrolán deste ano 2017 cunha proposta gastrónomica que ven da man de Ultramar Village, co respaldo do Concello de Ferrol, a través da Concellería de Promoción Económica.

Sabores de Ultramar, do 24 ao 28 de febreiro, foi presentado hoxe en rolda de prensa coa participación do edil, Álvaro Montes Celeiro, e do representante da asociación, Carlos Abella.

Comeza este venres 24, en 11 establecementos, cunha reinterpretación gastronómica do tradicional cocido en novos formatos, e estirase ata o martes 28. “Queremos barrios vivos, e por primeira vez, este ano, ofrécense os sabores típicos cunha tapa especial que agardamos que teña unha boa acollida para estes días de xolda”, manifestou Montes.

O mapa dos establecementos participantes pódese ver na web de Ultramar Village https://www.ultramarvillage.com/inicio

As tapas serán mais grandes do habitual, do tamaño de medias racións, a un prezo único de 4 euros, o mesmo que as Viandas do Entroido que ofrecen, nas mesmas datas, os hostaleiros do centro.

TAPAS e LOCAIS PARTICIPANTES EN SABORES DE ENTROIDO

– Aloha Surf & Food: Crepe de lacon, grelos,chorizo y queso del país

-Casa Juan: Cocido de sempre

-Cervecería Las Gaunas: Pastelón de cocido
-Mesón A Canfurnada: Albóndigas de cocido
-Mesón Alfonso
– Mesón Mateo: Tripas
– Mesón O Pazo: Tortilla de lacón con grelos y chorizo
– Puro Gusto: Milhoja de cocido gallego con chupito de sopa
– El 130 (antiguo Pisani): Croquetas de cocido
– Taberna O Trisquel: Oreja a la plancha con pure de patatas y crema de grelos
– Valencia Entroido doce: Copa de espumoso galego e prato doce a escoller entre unha orella, unha torrada ou dous freixós

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s