Será do 27 ao 1 de marzo, de 8:30 a 14:30 para favorecer os espazos de ocio en língua galega e pasan pola celebración dun festexo típico con obradoiros de disfraces e mesmo de cociña, ademais de montar a súa propia comparsa
Hai 40 prazas dispoñibles para Carnaza e outras 15 en Doniños para nenos de 3 a 12 anos dunha actividade promovida por Normalización Lingüística
Os interesados teñen que anotarse nos seguintes enderezos electrónicos por rigoroso orde de inscrición: apsanromandedoninos@gmail.com e avvcaranza@mundo-r.com
Ferrol, 23 de febreiro.- O Goberno de Ferrol aposta por crear espazos de ocio en língua galega para os noso nenos e nenas ao tempo que se lles proporciona aos seus pais unha ferramenta para favorecer a conciliación familiar e laboral nestes días de festa dándolles as mesmas oportunidades os nenos da cidade que aos do entorno rural.
Con este obxecto, o concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Monte, ven de presentar hoxe o Galicamp de Entroido, que se vai desenvolver do 27 de febreiro ao 1 de marzo de 8:30 a 14:30 no Centro Cívico de Caranza (40 prazas en tres grupos de idade 3-6, 7-9. +9) e outras 15 en Doniños, en colaboración coa asociación veciñal de San Román.
As actividades serán os tres días de 10 a 14 horas, pero se ofrece a posibilidade de deixar antes aos nenos para conciliar co servizo de ‘madrugadores’. A actividade, recalcou hoxe Monte, é completamente de balde pero é preciso reservar a praza nos correos que se indican por orde de inscrición ata completar a capacidade.
Se noutras ocasións, os campamentos foron en Esmelle e Covas, desta volta tócalle a quenda a Caranza e Doniños. O custe das mesmas e de 1.800 euros en Caranza e 900 euros en Doniños, sen o IVE. Inclúe un seguro por cada neno e todas as actividades que van a desenvolver que pasan por un obradoiro de cociña tradicional de Entroido, cos doces típicos, o obradoiro de disfraces con refugallos, ademais de teatro, música, danza, xogos tradicionais (mariola,..) e robótica, cos Legos e a construción do seu propio peliqueiro para a traca final do campamento, que será unha festa rachada coa súa propia comparsa.