A ‘Delicatessen’ de Marlango chega este vernes ao Jofre

gira-de-conciertos-de-marlango-2012A banda capitaneada por Leonor Watling regresa a cidade co seu sexto e último disco ‘El porvenir’

Na véspera, os ritmos afroamericanos de Juno&Darrell na Feira dos Xoves no CTB as 21:00 horas

Ferrol, 1 marzo.- Marlango regresa este venres 3 ao Jofre co seu derradeiro disco baixo o brazo para encher de ritmo o teatro, dentro dunha xira que deron en chamar ‘Delicatessen’. A formación capitaneada por Leonor Watling regresa así a terras galegas con moitas ganas de demostrar que o seu é xa unha carreira de longo percorrido que veñen de completar coa edición de ‘El Porvenir’.

Unha formación elegante pero fresca, que en directo é un auténtico regalo. Con oito discos ás súas costas e máis de 12 anos de traballo, estes gourmets musicais saben como transformar un directo en un auténtico espectáculo.

Aínda quedan entradas a venda, menos da metade do aforo, a partires de 16 euros para o concerto deste venres. Coma sempre, na billeteira do Jofre no horario habitual de 11 a 13 e de 18 a 20 horas, de luns a venres e en internet www.ataquilla.com

JUNO&DARREL NA FEIRA DOS XOVES, NO CTB

Juno & Darrell é un dúo de músicos e compositores fundado en Madrid. Influenciados principalmente pola música africana e afroamericana, identifícanse cun concepto contemporáneo de espiritualidade, abrazando sons electrónicos, sintetizadores, pero mantendo elementos máis orgánicos.

Juno & Darrell fannos partícipes desta viaxe en busca das raíces, creando atmosferas envolventes. Darrell, produtor de orixe exipcia, ten unha longa traxectoria investigando a música de raíz africana. Juno, cantante de orixe guineana, leva as súas composicións ao eclecticismo e experimenta coas posibilidades rítmicas da voz.

Juno & Darrell presentan o seu single Kalimba beat, editado conxuntamente por Ligazón Funk e Greenville Records, un adianto do disco, Entradas desde 5 euros. Apertura de portas as 20:30 horas e venda directa na capela do Torrente Ballester.


CICLO ‘FALAR DA DANZA’, NA BIBLIOTECA CENTRAL

O ciclo de charlas, “Falar a danza”, que se celebrará o próximo  venres día 3 de  marzo, ás 19.30 h, na Sala Audiovisual (3º andar). Organizado pola concelleria de Cultura do concello de Ferrol, pretende achegar ao público unha aproximación ao proceso creativo dos distintos artistas do mundo da danza.

Nesta primeira charla estará presente a coreógrafa e bailarina Nuria Sotelo,  da Cía. Licenciada Sotelo, que o domingo 5 de marzo ás 19.00 h presentará a peza de danza “Ensaio amor” no teatro Jofre.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s