Ferrol, epicentro da natación galega coa disputa da Copa Alevín en Caranza con 195 nadadores #DeporteFerrol

piscina-2Son 106 rapazas e 89 mozos de 13 e 14 anos de 23 clubs galegos

Ferrol, 1 de marzo.- A piscina municipal de Caranza, no complexo deportivo ‘Javier Gómez Noya’, acolle esta fin de semana a disputa da Copa Alevín de Natación, na segunda edición deste trofeo que ven a cubrir o oco que deixaba o campionato galego de inverno e que se celebra, por primeira vez na cidade de Ferrol.

A proba foi presentada hoxe en rolda de prensa no Concello de Ferrol, que apoia este evento, desde o compromiso co deporte base, para converter a cirdade no epicentro da natación galega en piscina de 25 metros.

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea deu conta dos detalles da competición acompañado de Jorge Jiménez, director técnico do Natación Ferrol, que é o equipo anfitrión e que aporta o maior número de competidores, e de Vicky Jiménez, a secretaria.

Participan un total de 195 nadadores de 13 a 14 anos, dos que 106 son nenas e 89 rapaces, pertencentes a 23 clubs galegos: Marina, Narón, Lugo, Ourense..

As probas son puntuables pola Comisión Técnica da Federación con vistas a unha selección galega que representaría a Galicia no campionato de España por autonomías que se vai a celebrar en poucas semanas.

Para nós é moi importante este apoio ao deporte base ao deporte ferrolán e animar a todos a asistir a este evento, que teña a trascendencia que merece”, animou Basterrechea. A Copa comeza o sábado 4 as 17:00 na piscina de Caranza, se retoma o domingo as 10:00 e novamente, pola tarde, de 17 ata o remate, coa entrega de trofeos e a presenza das autoridades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s