Licenciada Sotelo chega o domingo ao Jofre con “Rómpete el alma” #ViveCultura

nuria-sotelo

A programación complementase cunha charla sobre a danza na Biblioteca o venres 3 e unha práctica de danza en familia o sábado 4 no Auditorio de Ferrol.

Ferrol, 2 marzo.- A programación do ciclo de artes escénicas “Rómpete el alma”, da Concellería de Cultura do Goberno de Ferrol expándese, nesta fin de semana, e complementa a función deste domingo 5 ‘Ensaio Amor’, no Teatro Jofre, Licenciada Sotelo 19:00 horas, con distintas actividades orientada ás familias e ao público xeral.

Venres 3 de marzo, ás 19.30 h. na biblioteca da Praza de España: ‘Falar a danza’

Nuria Sotelo fará un percorrido polo proceso de creación e as circunstancias vitais e artísticas que o acompañaron e que condicionaron o resultado final da súa peza “Ensaio amor”; a súa maternidade, a conciliación, a actual perda da cultura do coidado, o proceso de creación colectiva. Todo isto en relación con parte da bibliografía consultada e pricinpalmente cos seguintes títulos:

A charla vai a estar introducida Sainza Ruiz, concelleira de Muller e Igualdade.

Falar a danza”: Son charlas distendidas vinculadas as pezas de danzas que se van a presentar no teatro Jofre dentro do ciclo escénico “rómpete el alma”, organizado pola concelleria de cultura do concello de Ferrol, coa intención de amosar ao público unha aproximación ao proceso creativo dun xeito verbalizado e relacionado coas lecturas inspiradoras, referenciais ou motivadoras para a creadora.

Sábado 4 de marzo, ás 12.00h. no Auditorio de Ferrol.

UNHA PRÁCTICA DE DANZA EN FAMILIA con NURIA SOTELO

A danza en familia potencia a creatividade, a imaxinación e os vínculos entre os membros dunha familia e entre outras familias, dun xeito lúdico e saudable. Trátase dun espazo de relación e diálogo, fundamentalmente físico, onde se potencia a capacidade de escoita e observación; onde maiores e cativos aprenden os uns dos outros. ¿A QUEN VAI DIRIXIDO?: A nais, pais, avós, avoas e cativ@s a partir de 3 anos. Máximo 10 familias. DURACIÓN 75min.

INSCRIPCIÓN EN: danzatj@gmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s