Obradoiro de sexualidade para mozos no IES Carballo Calero

img_20170216_143847_654Participan os técnicos de Servizos Sociais do Concello e os catro enfermeiros en formación que completan a rotación na especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria

Ferrol, 2 marzo.- As Concellerías de Igualdade e Muller e Benestar Social colaboran na formación e actividades deseñadas para os catro profesionais -tres enfermeiras/ un enfermeiro residentes da especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria que están completando a súa formación mediante prácticas nos Servicios Sociais do Concello de Ferrol.

Dentro desta planificación son tres as actividades previstas nos vindeiros días:

  1. Obradoiro de sexualidade no IES Carballo Calero o 3 Marzo ás 10:30 con varias clases do alumnado de FP e 4º ESO. Falarase da anatomía, funcións reproductoras e anatomopatoloxía dos órganos reproductivos, dos máis de dous tipos de xénero que a bioloxía recolle, dos métodos anticonceptivos incidindo sobre a importancia de previr enfermidades de transmisión sexual.

    É unha actividade supervisada e promovida polas técnicas da Concellería de Igualdade Muller que fan talleres nos IES públicos de Ferrol durante todo o curso escolar.

  1. Visita a ASFEDRO o día 6 Marzo ás 10:00 para conocer a realidade socio-comunitaria nas drogodependencias da cidade de Ferrol e comarca e coñecer o funcionamento do centro, acompañados polo alcalde e a concelleira, Saínza Ruiz.

  1. Obradoiro o día 9 Marzo promovido polo CIM (Centro de Información á Muller) da Concellería de Muller co gallo do 8 de Marzo, para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora no que haberá unha mesa-debate na Casa da Muller ás 19:00h para falar das desigualdades de xénero en materia de saúde, a feminización excesiva dalgunhas profesións sanitarias, ou dos avances en investigación na saúde e reproductividade da muller, así coma o material cirúrxico e a profesión enfermeira dende unha perspectiva de xénero.

  1. Participación na elaboración dun protocolo de actuación en primeiros auxilios e urxencias na casa de Acollida facendo fincapé nos menores que acuden coas súas nais víctimas de violencia de xénero, promovido pola dirección da Casa de Acollida.

A concelleira de Mocidade, Benestar Social, Igualdade e Muller, Saínza Ruiz, agradeceu hoxe a implicación do persoal dos Servizos Sociais do Concello na formación destes catro enfermeiros “cun traballo coordinado e conxunto que está a aportarlles unha formación moito mais completa no coñecemento, de primeira man, das intervencións sociais e o duro traballo que se fai en Ferrol, desde unha fonda vocación polo social.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s