O Goberno de Ferrol convoca aos grupos este xoves a retomar o diálogo coa vontade de chegar a un acordo para aprobar a taxa do saneamento e os orzamentos do 2017

foto-jO alcalde confía en que saiban antepoñer os intereses públicos aos partidistas para sacar a cidade da situación de bloqueo e activar un saneamento do que depende o sustento de 500 familias de mariscadores

Ferrol, 6 marzo.- O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, ven de convocar para este xoves 9 a todos os grupos municipais, para manter unha xuntanza -un por un- a fin de achegar posturas en torno aos dous asuntos prioritarios que están sobre a mesa: a urxencia de aprobar a taxa de saneamento para iniciar a depuración integral e real da ría de Ferrol, do que depende o sustento de 500 familias na data comprometida (1 de abril), e os orzamentos do 2017, transcorrido un tempo prudencial no que non se fixeron achegas ao borrador do documento económico.

En rolda de prensa, ao remate da Xunta de Goberno Local deste luns 6, Suárez amosou a súa confianza en que os representantes dos grupos políticos na corporación, elixidos polos veciños, saberán aparcar as diferencias partidistas na defensa unánime dos intereses públicos.

Se a ría non está saneada desde hai meses é por mor destas actuacións irregulares na EDAR que foron destapadas por este Goberno en agosto do 2015 e quedaron acreditadas nos informes. Agora mesmo, pensamos que se dan as circunstancias técnicas e administrativas para poñela en marcha pero o saneamento ten que ir, necesariamente, vinculado a unha taxa que temos pendente de aprobar no pleno”, expuxo Suárez.

Volveremos a reunirnos con todos os grupos este xoves a fin de poder chegar a un acordo para dar satisfacción o desexo de todos os que están agardando polo saneamento, nomeadamente aos mariscadores a as súas familias”, dixo o primeiro edil, que baralla a vindeira semana como data probable para un pleno no que se aborde, por terceira vez, esta cuestión coa vontade de sacar a cidade da situación de bloqueo na que se atopa.

A taxa para sustentar o saneamento da ría estímase en torno aos 6 euros ao mes por un consumo familiar medio de 8 a 10 metros cúbicos, aberta a revisión a baixa se houbera marxe de axuste. É, segundo expuxo o alcalde, das mais baixas do Estado e sería idéntica as que abonarían os veciños de Narón polo mesmo concepto, tal e como manifestaron repetidamente os rexedores de ambos municipios veciños.

ORZAMENTOS 2017

O Goberno local presentou e entregou o borrador dos orzamentos aos grupos o pasado 3 febreiro. Desde esta data, non houbo achegas de ningún tipo ao documento por parte dos grupos da oposición, agás unha consulta desde Ciudadanos. Transcorrido este prazo, o alcalde manifestou hoxe que ten a intención de pechar a negociación do capítulo 1 (Persoal) na Mesa ordinaria de negociación convocada para o 16 de marzo e seguir os trámites administrativos que procedan.

Hai que determinar se queremos bloquear a cidade ou construír algo entre todos”, rematou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s