‘CANVIVINDO’, I Concurso de debuxo do Concello de Ferrol para escolares de Primaria #BenestarAnimal

É o primeiro paso dun plan de comunicación social para dar a coñecer o contido da ordenanza de Benestar Animal e sensibilizar aos veciños na convivencia responsable

Ferrol, 6 marzo.- O Goberno de Ferrol ven de presentar hoxe ‘Canvivindo’, o I Certame de Debuxo Escolar para dar a coñecer o contido da ordenanza de Benestar Animal, que foi aprobada provisionalmente no pleno ordinario de xaneiro.

Este concurso pioneiro é o primeiro paso dun plan de comunicación social para a difusión do regulamento e fomentar a conciencia social e a pedagoxía dunha convivencia harmónica e responsable entre veciños e mascotas empezando polos centros escolares. O concurso vai dirixido a todos os centros escolares de Educación Primaria do noso municipio e se enmarca na filosofía marcada de Ferrol como Cidade Educadora.

As bases xa foron remitidas este luns 6 aos distintos centros educativos do municipio e o prazo para participar iniciase o 13 de marzo e remata o 7 de abril as 14:00 horas. A inscrición terase que facer no Rexistro Municipal (cumprimentando o impreso) e a través do enderezo canvivindo@ferrol.es, co nome do colexio e un titor responsable da actividade.

Será o propio centro o que escolla os que considere mellores para competir na fase final deste concurso que, ten por obxecto fomentar o coñecemento da ordenanza municipal e a convivencia responsable entre os mais novos. A temática que terán que ilustrar debe reflectir a súa idea da convivencia e o rexeitamento do maltrato.

O mellor traballo -realizados a man con lapis e ceras de cores- terá como premio un caderno gráfico e será a imaxe da campaña informativa que se iniciará na primavera centrada na nova ordenanza de animais. Haberá, a maiores, dous premios accésit (libro electrónico) para os traballos destacados e todos os participantes recibirán o seu diploma.

Desde o Goberno local lembran que se trata da primeira ordenanza participada deste mandato, que foi exposta nun prazo aberto as emendas que se foron incorporando ao texto final. A maiores, o plan complementase cunha campaña informativa protagonizada por Casaga (Cans de Salvamento de Galicia) nos colexios que participen deste programa para falar con meniños sobre as responsabilidades que implica unha mascota, os coidados, obrigas e a respecto pola convivencia harmónica co resto da veciñanza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s