Ferrol recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co premio 8 de marzo #IgualdadeFerrol

Será o mércores as 20:00 horas no teatro Jofre nun acto aberto a cidade

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, a concelleira de Benestar Social programou charlas, exposicións e mesmo un roteiro reivindicativo do sufraxismo o 10 de marzo as 18 horas desde o porto

Ferrol, 6 marzo.- A concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, presentou hoxe os actos organizados desde o Concello de Ferrol co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que este ano leva o lema de ‘Un camiño percorrido, moito por percorrer’.

A homenaxeada co premio Ferrolá do Ano, como xa se anunciara logo da comisión de área, será a produtora ferrolá Chelo Loureiro, que ven de gañar un premio Goya ao mellor corto de animación no 2017 por ‘Decorado’. Será o mércores 8 as 20:00 horas no teatro Jofre, coa proxección da obra e as actuacións municipais de María Manuela, Uxía e Pilocha.

As entradas para asistir ao evento son de balde. Pódense retirar xa os convites na billeteira do Teatro Jofre ata o día do evento no horario habituak (de 11 a 13 e de 18 a 20 horas) ata completar o aforo.

O mesmo día, as 12:00 do mediodía, a concelleira realizará a plantación de flores na pérgola do recordo no parque Raíña Sofía por todas as mulleres que foron vítimas da violencia de xénero “nun ano devastador que roza o esperpento”, manifestou Ruiz.

A diferencia doutros anos, que concentraban as actividades no mércores, -expuxo hoxe a concelleira na presentación-, o que se propón neste mes de marzo é unha suma de actividades repartidas en 7 días con distintos escenarios (Teatro Jofre, Casa da Muller, Edificio Social..) coas mulleres como protagonistas desde distintas perspectivas que van desde a exposición de pintura na Casa da Muller, ‘Dont worry man, I´m happy’, de Montse Gutiérrez, ata un roteiro sufraxista aberto e de balde, e diversas charlas sobre a presenza feminina en ámbitos tradicionalmente masculinizados como serán Muller e Ciencia, Muller e Saúde ou Muller e Deporte.

(Achégase o programa completo)

RÚAS DE MULLERES: HILDEGART, AMADA, ÁNXELA RÚIZ E REMEDIOS LOPEZ

Doutra banda, a concelleira avanzou que no derradeiro Consello Sectorial da Muller acordouse elevar a Comisión de Cultura, como paso previo ao pleno, unha proposta para adicarlle rúas da cidade a catro nomes propios de mulleres ben recoñecidas na historia da nosa cidade: Hildegart, nena prodixio asasinada pola súa nai, a mestra Ánxela Ruíz Robles, precursora do libro electrónico, a loitadora Amada García, fusilada polos franquismo en San Felipe, e Remedios López, impulsora dos Maios no barrio de Canido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s