Ferrol, parada obrigada da V Edición do Festival Atlántica

Arrancamos este venres 17 co narrador Pablo Albo en dúas funcións de balde para nenos e adultos

O espectáculo infantil será ás 18 horas na Biblioteca Municipal e o adulto, ás 20:30 horas no Centro Torrente Ballester

Este xoves 16, por primeira vez na cidade, Dayna Kurtz,a raíña do underground americano no Jofre

Ferrol, 14 de marzo.- Por primeira vez, Ferrol será parada obrigada na V edición do Festival Atlántica de narración oral, a través da Concellería de Cultura do Concello. O encontro, que se desenvolve do 15 ao 19 de marzo, celebra a súa quinta edición nas portas da primavera achegándose a todas as provincias galegas e programando, no caso de Ferrol, dúas actuacións gratuítas do alacantino Pablo Albo o venres 17 de marzo.

A primeira das funcións será na Biblioteca Municipal a partir das 18 horas e estará dirixida aos mais cativos. Baixo o título de ‘Cuentos de miedo que dan risa’, Pablo Albo fará aparecer monstros diversos empregando a súa voz, os seus xestos e a súa ollada. Haberá monstros peludos, comedores de netas e de casas, pero non haberá nada que temer porque todos eles serán quen de espertar a gargallada do público infantil.

Algo máis tarde, ás 20:30 horas, será a quenda dos adultos no Centro Torrente Ballester, que poderán gozar cos ‘Cuentos poco edificantes’. Trátase dunha colección de historias onde se mesturan o medo e o riso, as mentiras e as verdades, o sal e a pementa, sen esquecer o humor e un chisco de erotismo.

Un narrador de premio

O alacantino Pablo Albo (www.pabloalbo.com) iniciouse no mundo dos contos en 1994 e desde aquela xa percorreu contando historias case toda a xeografía nacional e boa parte do estranxeiro. Na súa faceta de escritor, ten publicados trinta e seis libros infantís e participou en cinco libros de contos para adultos. Entre os seus premios figuran o Lazarillo nas modalidades de creación literaria (2008) e de álbum ilustrado (2013), o Ciudad de Alicante(2003), o Villa dÍbi (2008) e o Leer es vivir (2009). Ademais, tres das súasobras apareceron no The White Ravens, a lista dos 250 mellores libros do mundo que realiza cada ano a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Internacional da Mocidade) con sede en Munich.

Axenda Festival Atlántica |Ferrol

Venres 17 de marzo

Pablo Albo (Alacant)

Cuentos de miedo que dan risa”

18.00 H | Biblioteca Municipal [Praza de España, s/n]

De balde | Infantil | Castelán

 

Pablo Albo (Alacant)

Cuentos poco edificantes”

20.30 H | Centro Torrente Ballester [rúa Concepción Arenal, s/n]

De balde | Adulto | Castelán

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s