Ferrol prepárase para vivir unha noite das “Pepitas” con novos folgos

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, é herdeira dun século de tradición na cidade naval

O concelleiro de Festas convidou a todos os veciños a sumarse a unha noite de música e xolda ben enraizada na comarca

O acto institucional de irmandade con Mondoñedo comeza no Jofre as 17, o pasarrúas as 17:30 desde a praza de Galicia e o festival ás 20 en Amboaxe

Os convite para asistir ao Festival no teatro pódense retirar desde as 18:00 horas deste mércores na billeteira do Jofre no horario habitual

Ferrol, 15 marzo.- Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, Ferrol prepárase para vivir este sábado 18 de marzo unha festa de música e xolda ben enraizada na tradición da cidade naval: A noite das Pepitas, cun século de tradición e novos folgos desde a Concellería de Cultura e Festas do Goberno.

O concelleiro, Suso Basterrechea, presentaba este mediodía o programa dos actos para o festexos deste sábado, que terán dúas sedes principais: o teatro Jofre, que acollerá o acto institucional de irmandade coa Corporación Municipal de Mondoñedo, e a Praza de Amboaxe, co Festival de 20 a 23:00 horas.

O edil, que comparecía acompañado por unha representación dos rondallistas, animou e convidou a todos os veciños, a saír as rúas nesta “gran noite cultural e festiva”, a encher de ambiente, singularidade e música as rúas de A Magdalena neste Rexurdimento cultural que está a ter Ferrol nos últimos tempos.

Basterrechea adicaba unhas palabras ao músico homenaxeado desta edición, Xosé Luis Blanco Campaña, pola súa dilatada traxectoria e o seu agradecemento as roldas e rondallistas e madriñas, que manteñen viva esta longa tradición da cidade, con 120 anos de historia e gran arraigo popular.

Con mais de 120 anos de historia, a Festa das Pepitas é un festexo popular que se ven desenvolvendo na véspera do 19 de marzo, o Día da San Xosé. Ferrolterra conta con oito rondallas en activo, catro delas de Ferrol (Sonidos del Alba, Bohemios, Añoranzas e Rondalla do Club de Campo), que se completan con outras catro de Mugardos, Ares, Cariño e Neda que son Lucero del Alba, Rondalla Mugardesa, Trovadores de Ares e Rondalla de Cariño.

Para darlle maior empaque a Noite das Pepitas, este ano contaremos con tres bloggers de @GaliciaTB que son: Sabela de Viajando, Imágenes y Sensaciones; Sandra de @viajedemivida e Miki, de @Demiku.

Entradas: As entradas para asistir no Jofre ao Festival das Pepitas estarán a disposición do público na billeteira do teatro no horario habitual (de 11 a 13 e de 18 a 20 horas) desde esta tarde, do mércores 15. Son de balde. Máximo, dúas por persoa.

PROGRAMA DO ACTO INSTITUCIONAL

SÁBADO 18, NOITE DAS PEPITAS

16.30 horas.- Recepción a Corporación Municipal de Mondoñedo, ao músico homenaxeado Xosé Luis Blanco, e as madriñas deste ano. Teatro Jofre. 1 andar.

17.00 horas. Irmandade co Concello de Mondoñedo:

Homenaxes con motivo da Noite das Pepitas:

17.45 horas.- Actuación musical

18.00 horas.- Fin do acto no Teatro Jofre.

20:00 horas. FESTIVAL NOITE DAS PEPITAS, Praza de Amboaxe.

ROLDA polas rúas con saída as 17.30 horas da Praza de Galicia

Percorrido: Praza de Galicia, rúa Concepción Arenal, rúa Real, rúa Lugo, rúa Galiano, Praza de Armas, rúa Dolores, rúa Méndez Núñez, rúa Real (ata Concepción Arenal) e volta ata a Praza de Amboaxe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s