216 familia en situación de “urxencia social” obtiveron axudas para artigos de primeira necesidade a través do Programa “SOLIDARÍZATE” #BenestarSocial

Foron 148 familias en decembro, outras 31 en xaneiro e 37 mais en febreiro que retiraron vales de axuda para trocalos por alimentos e artigos de aseo e hixiene do fogar

Esta tarde, e co gallo dos actos organizados polo 8M, celebrase a Palestra Mulleres na Ciencia e na Tecnoloxía ás 19:00 na Casa da Muller con acceso libre

Ferrol, 16 de marzo.- A concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, informou hoxe ao remate da Comisión informativa de área do importe destinado no que vai de ano 2017 as familias en situación de vulnerabilidade e urxencia social a través do programa Solidarízate para axudas de emerxencia para a adquisición de produtos de primeira necesidade: alimentos e artigos de hixiene e aseo, e limpeza do fogar.

Segundo detallou, en xaneiro foron 31 familias por importe de 15.100 euros e outras 37 no mes de febreiro por un importe de 16.100 euros. No que vai de marzo, retiraron os seus cheques, outras 21 familias. Estas achegas, súmanse as que xa se fixeran efectivas ao peche do ano 2016, fundamentalmente no mes de decembro, cun importe de 50.420 euros para 148 unidades familiares. En total, 216 familias cunha achega do Concello de 81.620 euros para mercar artigos básicos para a alimentación e o aseo.

SolidarízaTe é un proxecto piloto e pioneiro do Goberno0 de Ferrol a través da Área de Benestar Social en virtude a un convenio con grandes superficies comerciais ao que se sumaron: Gadis, Froiz, A tenda de Cris -pequeno comercio en Caranza- e, desde xa mesmo, tamén Eroski. Artellase a través de vales de emerxencia social -ata un máximo de 200 euros por persoa- que os beneficiarios poden trocar por alimento e outros artigos nos establecementos adheridos a esta campaña ‘SolidarizaTe’, que promove o Concello de Ferrol. Para mais información, habitouse un correo solidarizate@ferrol.es

Nesta liña, naceron tamén ‘ArrouparTe’, para a adquisición de prendas de vestir, abrigo, roupa íntima e demais artigos necesarios, e ‘Habita’, para acometer pequenas reformas no fogar para acondicionar as vivendas. Estes dous programas, que veñen a completar o primeiro, están en fase captación de establecementos e pequenas empresas locais ou autónomos a fin de elaborar unha listaxe coa que traballar.

Doutra banda, a concelleira informou da presentación na comisión do borrador do prego de prescricións técnicas para a contratación do servizo de teleasistencia a domicilio do Concello de Ferrol. O orzamento para o ano 2017 sería de 30.800 euros, 52.800 no 2018 e 22.000 ata maio do 2019. A edil, subliñou, ademais, que no mes de marzo, e toda vez que a cidade ven de ser declarada libre de cortes de luz, impedíronse 4 cortes por impago a 4 familias do municipio e o Concello asumiu o abono das facturas pendentes que ascendían a 576 euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s