Homenaxe a Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano de Serantes #República

Achegamos unha foto da presentación, hoxe no Concello, da homenaxe a Alejandro Porto Leis, alcalde republicano de Serantes que foi asasinado, coa participación das súas fillas e net@s.
 
O cadro coa imaxe do último alcalde de Serantes será colocado, como lle corresponde, nas dependencias municipais. O concelleiro de Participación, Álvaro Montes, subliñaba hoxe a “especial significación destes actos de recuperación da memoria e de xustiza, porque detrás dos nomes hai historias de vida que foron sepultadas polos anos do terror e da represión”.


Mañá ás 19:30, na AVV de Serantes, terá lugar a presentación do libro ‘Alejando Porto Leis, un alcalde para o pobo en tempos oscuros’, de Paulino Gasalla Aller, editado pola asociación Muíño do Vento, co apoio do Concello de Ferrol, ao que asistirá a concelleira de Zona Rural e Patrimonio HIstórico, Rosa Méndez.

Minutos antes da presentación da edición, terá lugar unha ofrenda floral institucional diante do monumento adicado ao último alcalde democrático de Serantes, un dos catro de A Frouxeira, un capítulo funesto e moi negro da historia desta comarca no século XX. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s