O nadador Marcos García, o remeiro Joaquín Montero, as triatletas Miriam Casillas e Camila Alonso, finalistas ao Mellor Deportista Ferrolán dos anos 2015 e 2016 #DeporteFerrol

A Gala do Deporte Ferrolán será o xoves 23 as 20:00 horas no Auditorio de Caranza e os convites, de balde, podense retirar desde o venres no Jofre

Ferrol, 16 de marzo.- O nadador Marcos García, do Club Natación Ferrol, o remeiro ferrolán Joaquín Montero, e as triatletas Miriam Casillas e Camila Alonso, optan a ser coroados como o Mellor Deportista Ferrolán dos anos 2015 e 2016 na Gala do Deporte que se vai desenvolver o próximo 23 de marzo no Auditorio de Ferrol.

O concelleiro de Cultura, Educación e Deportes, Suso Basterrechea, acompañado dos membros do xurado -conformado polos xornalistas da área de deportes da contorna- deu hoxe a coñecer en rolda de prensa a terna de finalistas para esta dobre gala, na que se premiará coa Carabela de Prata aos mellores deportistas do municipio nos anos 2015 e 2016.

O concelleiro lamentou, unha vez mais, os lamentables problemas polos que a gala do 2015 finalmente non se celebrou e que se recupera cunha celebración dobre.

Finalistas 2015

  1. Marcos García Soto, Club Natación Ferrol.

  2. Joaquin Montero Gómez, Remo Cedeira.

  3. Miriam Casillas García. Triatlón Ferrol.

Finalistas 2016

  1. Joaquin Montero. Remo Cedeira.

  2. Miriam Casillas García. Triatlón Ferrol.

  3. Camila Alonso Aradas. Triatlón Ferrol.

ENTRADAS DE BALDE A DISPOSICIÓN DO PÚBLICO ESTE VENRES 17

O Auditorio de Caranza, cunha grande aforo próximo, acollerá o 23 de marzo as 20:00 horas a celebración da Gala do Deporte.

Como xa indicamos, será nunha gala única na que se duplican os trofeos en todas as categorías para premiar aos mellores no 2015 e no 2016. “Será unha gala áxil, dinámica e ben fermosa”, manifestaba este xoves o concelleiro, en rolda de prensa.

As entradas para asistir son de balde. O público pode retiralas, cun máximo de dúas por persoa, a partir de mañá, venres 17, na billeteira do teatro Jofre no horario habitual, de 11 a 13 e de 18 a 20:00 horas, de martes a sábado.

Achegamos a relación completa dos deportistas galardoados nestas dúas edicións que tamén se pode consultar no taboleiro virtual do Concello.

AÑO MODALIDADE PREMIADO
2015 ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS Pablo Otero López
2015 ATLETISMO Lucía Rivadulla Alonso
2015 ATLETISMO Pedro Osorio López
2016 ATLETISMO Lucía Sicre Maside
2016 ATLETISMO Pedro Osorio López
2016 AUTOMOBILISMO Javier Bouza Díaz
2016 AUTOMOBILISMO Iván Bouza Lage
2015 BALONCESTO Carmen Fernandez Míguez
2015 BALONCESTO Jesus Castro Romání
2016 BALONCESTO Beatriz Sánchez Marrufo
2016 BALONCESTO Samuel Barros García
2016 DEPORTE ADAPTADO Alvaro Illobre Saavedra
2015 ESGRIMA Clara Amado Gonzalez
2015 ESGRIMA Salvador Fabregues López
2016 ESGRIMA Clara Amado Gonzalez
x 2016 ESGRIMA Pablo Basterrechea López
2015 FUTBOL Paula Lorenzo Castro
2015 FUTBOL Pablo Rey Cabarcos Lago
2016 FUTBOL Carmela Barro Casanova
2016 FUTBOL Alex Lopez Sánchez
2015 FUTBOL SALA Diana Vanesa díaz Puentes
2015 FUTBOL SALA Juan Manuel Rodriguez Tenreiro ( PANA)
2016 FUTBOL SALA Belén Feal Cabezón
2016 FUTBOL SALA Jacobo Lamas Couce
2015 HALTEROFILIA Josue Florez Maniaga
2015 HIPICA Silvia Díaz Sanz
2016 HIPICA Silvia Díaz Sanz
2015 JUDO Nuria Trillo Valeiro
2015 JUDO Adrian Mucientes Sisto
2016 JUDO Nuria Trillo Valeiro
2016 JUDO Tomás Mucientes Sisto
2016 KARATE Ana Maria de la Muela Ploegstra
2016 KARATE Joaquín Enrique Barreira Méndez
2015 KICK BOXING Celia Pico Troitiño
x 2016 KICK BOXING Paula Villar Sánchez
2015 NATACION Laura Santalla Trigo
2015 NATACION Nicolás Luque Romero
2016 NATACION Elena Massa Teijeiro
2016 NATACION Marcos García Soto
2015 ORIENTACION Juan Carlos Gonzalez Orozco
2015 PADEL Silvia Lopez Vidal
2015 PADEL Mateo García de los Reyes Luque
2016 PADEL Silvia Lopez Vidal
2016 PARAPENTE Marcos Luis Galán Piñeiro
2015 REMO Carmela Barro Casanova
2015 REMO Raul Guerrero Fernandez
2016 REMO Carmela Barro Casanova
2016 REMO Agustin Fernandez Souto
2015 RUGBY Alejandro Diaz Pache Devesa
2016 RUGBY Francisco Usero Bárcena
2015 SURF Isabel Gundín Perez
2016 SURF Isabel Gundín Perez
2016 SURF Vicente Romero Carrau
2015 BODIBOARD Juan Sande Antón
2016 BODIBOARD Bruno Martín Campos
2015 TENIS Maria Sicre Romero
2015 TENIS Alejandro Vizoso Ansedes
2016 TENIS Carlota Cota Vavrinova
2016 TENIS Alejandro Vizoso Ansede
2015 TRIATHLON Camila Alonso Aradas
2015 TRIATHLON Marcos Ruiz Brage
2016 TRIATHLON Carmen Gomez Cortés
2016 TRIATHLON Ivan Puentes Barcia
2015 VELA Adriana Rodriguez Prego
2016 VELA Alfredo Fernandez Nores
2015 VOLEI Alejandra Serantes Rey
2016 VOLEI Lucía Huergo Pita
2015 WATERPOLO Ivo Uria Muñiz
2016 WATERPOLO Oscar Montes Gomez
2015 XADREZ Ines Prado Acebo
2015 XADREZ Pablo Fernandez Borrego
2016 XADREZ Alfonso Lopez Gonzalez
2015 XIMNASIA RIMICA Alba Pita Serantes
2016 XIMNASIA RIMICA Carla Vilasánchez Fernández
2015 XIMNASIA ESTETICA Bruno Saavedra García
2015 PROMESA MASCULINA Tomás Manso Fraga
2015 PROMESA FEMENINA Ines Santiago Morón
2016 PROMESA MASCULINA Tomás Manso Fraga
2016 PROMESA FEMENINA Ines Santiago Morón
2015 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Basketmi
2015 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Erika gonzalez Asensio
2015 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Sergio Trillo Valeiro
2015 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Club San xoan Tenis de mesa. Equipo Feminino
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Club San xoan Tenis de mesa. Equipo Masculino
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Lino López Amado
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Adrián Arturo Hermida Gómez
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Guillermo J Rodriguez Gonzalez
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO POR MERITOS DEPORTIVOS Oscar Barcon Rios ” Canoli”
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO Isidro Silveira Cameselle
2015 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO COMO MELLOR CLUB DE PROMOCION DE BASE Universitario de Ferrol
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO COMO MELLOR CLUB DE PROMOCION DE BASE Club de Remo San Felipe
2015 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO COMO MELLOR DIRIXENTE DEPORTIVO Carlos Jorge García Gómez
2016 MENCIONS ESPECIAIS DO XURADO COMO MELLOR DIRIXENTE DEPORTIVO Tomás Llao Gómez
2015 CARABELA DE PLATA Marcos García Soto
2015 CARABELA DE PLATA Joaquín Montero Gómez
2015 CARABELA DE PLATA Miriam Casillas García
2016 CARABELA DE PLATA Joaquín Montero Gómez
2016 CARABELA DE PLATA Miriam Casillas García
2016 CARABELA DE PLATA Camila Alonso Aradas
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s