Declaración Institucional polo “Eixo Ferroviario Ferrol -A Coruña”

O camiño de ferro que enlaza Ferrol coa cidade da Coruña data de 1913. Desde entón, nesta liña non se acometeron as melloras imprescindibles para favorecer o asentamento demográfico, o desenvolvemento industrial e aposta polo tren como un medio de transporte público, eficiente e práctico para o transporte de persoas e mercadorías.

Goberno tras goberno, e mandato tras mandato, a conexión ferroviaria entre estas dúas urbes do Eixo Atlántico no Norte foi a gran esquecida en todos os plans de inversións e infraestruturas, no que supón un desprezo sistemática a esta comarca e aos seus veciños, aos que nos temos a obriga de representar e defender.

Reunidos no Concello de Ferrol, na tarde do luns 20 de marzo de 2017, e apoiados na declaración unánime do Parlamento de Galicia, vimos de acordar:

A curto prazo:

– Demandar con urxencia un incremento de frecuencias que compatibilice os servizos ferroviarios coa vida laboral e estudantil da veciñanza das nosas comarcas,

– A mellora das estacións intermedias facilitando o acceso e accesibilidade, así como a combinación axeitada cos servizos ferroviarios de FEVE e co transporte público en autobús,

-Un plan de fomento intensivo do seu uso, con bonificacións que poidan facer atractivo o servizo, e competitivo respecto aos elevados prezos das peaxes da AP9 e do servizo público por estrada

– A inclusión da liña ferroviaria no Plan de Transporte Metropolitano, que permita, como quedou dito no punto anterior, acollerse a bonificacións para maiores, estudantes, menores de 18 anos, desempregados, etc.

– Melloras puntuais da infraestrutura, como a eliminación do bypass de Betanzos ou a mellora de puntos concretos do trazado que permitan reducir os tempos da viaxe

A medio prazo:

– A adecuación da liña a un tren de proximidade digno, cunha infraestrutura que non deixe a comarca fóra do Eixo Atlántico, combinando os servizos directos con servizos con paradas intermedias, ferrocarril que xa estivo no Convenio da Xunta co Ministerio de Fomento no ano 2000 e que suporía un investimento, co IPC e IVE actualizados duns 500 millóns de euros e un traxecto sen paradas de 25 minutos entre as dúas localidades.

Esta demanda, no urxente, ven amparada por unha masa crítica da que formamos parte os alcaldes dos Concellos polos que cruza a liña, a declaración unánime da Cámara galega e os deputados e senadores que representan a nosa comarca e que farán resoar esta demanda no Congreso e no Senado, ante a conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, e o Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra.

Asemade, solicitaremos unha comparecencia ante a Comisión de Fomento do Congreso e do Senado coa lexitimidade que nos da ser os representantes de medio millón de veciños, para expoñer, directamente, estas demandas.

Ferrol, 20 de marzo do 2017

FERROL, Jorge Suárez Fernández, alcalde.

NARÓN, José Manuel Blanco Suárez, alcalde.

NEDA, Ángel Alvariño, alcalde.

FENE, Juventino Trigo, alcalde.

PONTEDEUME, concelleiro de Transporte e Mobilidade, José Simoes.

MIÑO, Ricardo Sánchez, alcalde.

BETANZOS, José Ramón García Vázquez, alcalde.

CAMBRE, Daniel Carballada, concelleiro de Mobilidade (marchou antes do remate).

A CORUÑA, Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade.

ANTÓN GÓMEZ-REINO, Deputado e voceiro de En Marea.

YOLANDA DÍAZ, Deputada En Marea.

ÁNGEL MATO, Senador do PSOE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s