O goberno local destinará 900.000 euros ao mantemento das infraestrutras viarias do municipio #FacendoCidade

O Goberno de Ferrol destinará 900.000 euros (Ive incluído) ao mantemento das infraestruturas a través dun contrato de execución de obras para os anos 2017 (600.000) e 2018 (300.000). Foi un dos acordos adoptados este luns 20 na Xunta de Goberno Local, que remitiu a Unidade de Contratación a solicitude de inicio deste expediente.

O obxecto deste contrato é levar a cabo obras menores de mantemento, conservación e reparación nos espazos viarios públicos (fochancas… ) e de reposición na infraestrutura viaria que debe executar o Concello de Ferrol. A duración do contrato é dun ano prorrogable sen que poida exceder os dous.

A XGL tamén aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación para a prestación do servizo de roza de viarios e limpeza de cunetas da zona rural, con procedemento aberto para dar resposta a unha demanda na que coinciden todas as entidades da zona rural e apurar os prazos acometelo o antes posible por un importe de 161.062,49 euros por ano, por un período de dos anos prorrogables outros dous, como máximo.

Tamén foi adxudicada hoxe a a construción de 240 nichos no cemiterio de Catabois a empresa Obras Reunidas SLU, cun orzamento de 82.274,09€ (sen IVE), que resposta a unha necesidade urxente de ampliación do camposanto ferrolán e o contrato para a adquisión dun vehículo de mando tipo Pick Up 4×4 para o parque de bombeiros de Ferrol, por un importe de 40.000 euros, que pasará a integrar o parque móbil do Concello.

Por último, e non menos importante, foi aprobada a adhesión do Concello de Ferrol ao convenio de colaboración entre o IVGS e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do programa de Vivendas Baleiras no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Algueiro e mellora do acceso a vivenda 2015-2020. De acordo aos últimos datos, o número de vivendas baleiras no Concello sitúase no en torno das 9.000.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s