15 mozos remataron a súa formación nos obradoiros ‘Senda Natureza’ coa posta en valor dunha ruta circular pola Malata

O roteiro de sendeirismo ten un percorrido de 10 quilómetros e nace dun Obradoiro de Emprego de Galicia

 O salón de Recepcións do Concello de Ferrol acollía este mediodía o acto de clausura do Obradoiro de Emprego ‘Senda da Natureza’, incluida no Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2010, que foi presidido polo alcalde, Jorge Suárez, o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, e José Afonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta.

É un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade e cualificación e a inserción profesional de 15 mozas e mozos que figuraban dentro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para menores de 30 anos, no ámbito do Concello de Ferrol.

Este programa tivo unha duración de seis meses, que arrancaba o 26 de setembro do pasado ano con dúas especialidades:

-Interpretación e educación ambiental (7 alumnos)

-Guía por itinerarios de baixa e media montaña (8 alumnos)

Todos recibiron hoxe o diploma na súa especialidade un acto no que o rexedor aplaudiu a importancia destas accións, subliñou o traballo realizado na posta en valor dun roteiro pola contorna e agradeceu, particularmente, a implicación dos formadores e técnicos municipais, ademais do propio esforzo e adicación dos alumnos no éxito deste programa.

As actuacións a realizar foron a posta en valor dos recursos paixísticos, históricos e naturais dunha ruta circular no Concello: 10 quilómetros (A Malata-Chamorro-Valón-A Cabana-A Malata), co seu deseño e marcación, itinerario interpretativo, campañas de difusión ambiental, deseño, replanteo e instalación dos elementos de conservación da natureza.

O resultado é unha ruta circular de 9,25 quilómetros cunha duración de 2 horas e 30 minutos de dificultade media que arranca na Malata e pasa pola casa natal de Torrente Ballester, a igrexa de Serantes, a ermida de Chamorro, o Monte Reizás, o bosque dos nenos a capela de Santo Antonio e o dique da Cabana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s