Aberto o prazo para inscribirse no “Obradoiro de gravado” 2017 #CulturaFerrol #FacendoCidade

As bases da convocatoria pódense consultar xa no taboleiro de anuncios do Concello

Serán catro grupos de 15 alumnos (máximo) en quendas de mañá e tarde durante 3 horas nas instalacións do CTB

 A Concellería de Cultura do Goberno de Ferrol ven de abrir o prazo para anotarse no curso de gravado 2017. O obradoiro será impartido por profesorado cualificado e está dirixido a maiores de 14 anos, en catro grupos de 5 a 15 persoas, con preferencia na prazas para aqueles veciños empadroado no Concello. .

As clases serán un día á semana por cada un dos grupos, cunha duración de 3 horas de clase por cada grupo e quendas de mañá e tarde:

Grupo 1. Luns (tardes) de 17.00 a 20.00 horas

2. Martes (mañás) de 10.30 a 13.30 horas

3. Martes (tardes) de 17.00 a 20.00 horas.

  1. Luns (mañá) de 10.30 a 13.30 horas.

    O Concello aporta, ao desenvolvemento deste obradoiro as instalacións, o tórculo e a prensa vertical, así como unha serie de ferramentas para o inicio do obradoiro que se atopan na Aula de Gravado no Centro Torrente Ballester. O resto do material, correrá por conta dos alumnos.

Os interesados en anotarse a este curso de gravado, teñen que cubrir e presentar a solicitude no Rexistro xeral do Concello (tamén se pode descargar desde a páxina web, no taboleiro de anuncios, e achegar o certificado de empadroamento.

O período de inscrición será de 10 días hábiles, a contar desde o venres 24 e a lista de admitidos publicarase, tamén, na web municipal co día de inicio do curso.

http://www.ferrol.es/04-taboleiroAnuncios-ampliar.aspx?id=251

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s