O goberno aposta por rehabilitar o Dique da Cabana a través dun Programa de emprego

A proposta foi abordada hoxe na Comisión Extraordinaria de Economía, Facenda e Emprego ao abeiro da convocatoria FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) da Consellería do Mar e conta co respaldo da UDC e do Porto

Na mesma xuntanza, aprobouse a solicitude de axudas do Fondos Social Europeo para 75 mozos menores de 30 con cinco líñas de formación en cociña e restauración, carnicería, peixería, atención a dependentes e auxiliar de comercio e almacén

O Goberno de Ferrol apostar por abordar a rehabilitación do dique de mareas da Cabana cun programa de emprego ao abeiro da convocatoria FEMP da Consellería do Mar para este ano 2017.

Así o anunciaron este luns 27 o alcalde e concelleiro de Economía, Jorge Suárez, e o concelleiro de Emprego, Álvaro Montes, ao remate da Comisión Extraordinaria de Economía,Facenda, Emprego e Recursos Humanos celebrada na primeira hora da mañá deste luns na que se abordaron dúas propostas que combinan formación e empregabilidade coa posta en valor do patrimonio.

Na primeira, no que atinxe ao dique da Cabana, trátase dunha propiedade municipal que ocupa unha superficie de mais de 5.000 metros cadrados e que comprende dique, peiraos, muros, explanada e dúas edificacións. Trátase da primeira iniciativa naval civil que se desenvolveu na ría, data de XIX e que destaca particularmente pola súa singularidade, xa que fican moi poucos diques con esta tecnoloxía e a súa vida útil estivo ligada a actividade de asteleiro e carpintería de ribera.

Por todo esto, o Concello de Ferrol aposta, entre as súas prioridades, polas obras de recuperación e restauración do dique e da súa contorna ao abeiro dunha convocatoria de axudas do FEMP da Consellería do Mar 2014-2020, en tres anualidades nas que a achega municipal sería do 31%.

O orzamento total ascende a 217.390,00 euros dos que a achega do FEMP sería do 69% (150.000 euros) e o Concello aportaría o restante: 67.390 euros en tres anualidades 2017 (10.890), 2018 (20.000) e 2019 (36.500). O Executivo aboga por executar a intervención a través dun programa de emprego xuvenil, e a proposta conta coas adhesións da Universidade da Coruña e da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

AXUDAS DO FONDO SOCIAL EUROPEO PARA A EMPREGABILIDADE DE 75 MOZOS

Doutra banda, na orde do día do pleno ordinario deste mes, figura a solicitude de axudas do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (3 de agosto do 2016), para mozos desempregados menores de 30 anos que figuren inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ao que Ferrol concorre neste ano 2017 cun programa ambicioso para 75 mozos e mozas con cinco líñas: cociña e restauración, peixería, carnicería, comercio e almacén e atención a dependentes.

A diagnose das áreas con mais opcións de empregabilidade, indicaba Montes, fíxose logo de manter distintas xuntanzas, entre outras, cos responsables das grandes superficies comercias e recursos humanos por parte do concelleiro e dos técnicos de Emprego do Concello de Ferrol.

A cuantía da axuda solicitada polo Concello de Ferrol ao Fondo Social Europeo (FSE) é de 396.794 euros para os anos 2017 e 2018. O programa de formación e empregabilidade estará confinanciado pola Administración local cunha achega do 9% (32.637,20 euros) para pechar un orzamento total estimado en 402.431 euros para investir na formación de 75 rapaces con compromiso de empregabilidade. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s