O goberno local empurra a recuperación da historia e da autoestima dos barrios con “Memoria dun Século” #Participación #RecuperandoNosaHistoria

Será a través dun programa interxeracional coa colaboración e a implicación das entidades veciñais de Esteiro e Caranza

Ferrol, 24 marzo.- O Goberno de Ferrol, a través da concellería de Participación Cidadá, quere recuperar a memoria da cidade e a autoestima dos barrios cun programa interxeracional que conta coa implicación e a participación da Asociación de Veciños de Caranza e de Esteiro.

Será con ‘Memoria dun século’, un proxecto que recolle a testemuña dos roteiros ‘Ferrol Rebelde’, que tan boa acollida e éxito tiveron desde a súa posta en marcha, como lembraban hoxe na presentación da actividade, o concelleiro, Álvaro Montes, e o historiador Marcos Abalde.

O proxecto terá lugar todos os martes no barrio de Esteiro e os mércores, no de Caranza, as 17:00 horas desde o 28 de marzo ata o 24 de maio nos respectivos locais das entidades veciñais nas datas que se indican no cartaz. É aberto a participación de todos e non precisa de inscricción previa.

A idea principal, expuxo Marcos Abalde, é revalorizar as persoas maiores como portadoras dun legado importantísimo para preservar a identidade local e ao mesmo tempo pór en valor a memoria local viva. Ademais de ofrecer actividades atractivas, interesantes e rexuvenecedoras.

O programa está deseñado en 6 sesións de 1 hora e media cada sesión, para cada un dos barrios, onde as persoas maiores compartirán a súa experiencia coa lingua, oficios, antepasados, crenzas, traballos, personaxes locais, reivindicacións, emigración, etc.

A continuación terá lugar o Encontro da memoria como devolución á comunidade da memoria de Esteiro e Caranza. Desde o grupo de traballo vanise programar dous Encontros nos que participarán persoas maiores e novas para favorecer a comunicación interxeracional e o sentimento de revalorización colectivo. O lugar ideal será no centro educativo do barrio. O encontro sería unha especie de revista oral cos resultados do proceso.

Cómpre lembrar que o Esteiro histórico era o barrio obreiro máis antigo de Galicia, e que se conta entre os mais antigos de toda Europa”, lembraba hoxe Abalde. “Trátase de recuperar a memoria obreira destes barrios, nun traballo interxeracional que buscan compartir esas vivencias e creemos, desde o Goberno, que estos proxectos tamén traballan na propia autoestima da cidade”, rematou o concelleiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s