Glenn Hansard, este 1 de abril no Auditorio de Ferrol #FerrolCultura #FacendoCidade

O músico irlandés, gañador dun Óscar pola canción central de ‘Once’, toca este sábado 1 de abril no Auditorio de Ferrol nun concerto único cos coruñeses Escuchando Elefantes

O Auditorio de Ferrol está a piques de quedar pequeno para acoller, este sábado, 1 de abril (21:00 horas) o primeiro concerto en Galicia de Glen Hansard, músico irlandés gañador dun Óscar, vocalista da banda The Frames, coa que gravou oito discos entre 1991 e 2006.

Artista polivalente, músico autodidacta e gañador dun Óscar pola BSO de Once, Hansard deixou os estudos aos 13 anos de idade para buscarse a vida tocando nas rúas da súa Dublín natal e aos 21 anos deuse a coñecer ao gran público como un dos protagonistas do premiado filme de Alan Parker The Commitments (1991) co personaxe de Outspan Foster (guitarrista da banda).

Tamén gozou do éxito coa súa segunda incursión no mundo do cinema, a película Once (2007) na que interpretaba a un músico de rúa e coa que obtivo un nomeamento aos Grammy e gañou o Óscar á mellor canción por Falling Slowly. Coprotagonista de Once era a música checa Markéta Irglová, coa que Glen Hansard desenvolveu ata 2009 o proxecto The Swell Season que deu como froito tres elepés.

Co aclamado disco Rhythm and Repouse (2012), Glen Hansard arrincou unha carreira en solitario que non deixou de crecer gozando dun recoñecemento, tanto do público como da crítica especializada, que veu unanimemente ratificado co seu segundo albúm Didn’t Hei Ramble (2015), un disco nomeado aos premios Grammy.

Glen Hansard presenta a súa música por primeira vez en Galicia, unha terra que xa visitou o pasado verán tras finalizar, xunto a outros catro artistas irlandeses, unha singular peregrinación realizada por mar que tiña como meta Santiago de Compostela e na que utilizaron un bote tradicional irlandés que a golpe de remo levounos en varias etapas desde Dublín á Coruña.

A tres días do concerto, restan únicamente por vender as entradas da planta alta do Auditorio, unhas 200, para un concerto que promete ser un dos grandes no extenso e intenso calendario cultural (e musical) de Ferrol, cos coruñeses Escuchando Elefantes como teloneiros de Hansard.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s