‘MAR’, unha ollada diferente a costa de Ferrol que asina o fotógrafo Kiko Delgado

Esta nova exposición fotográfica componse de preto de medio cento de imaxes en branco e negro tomadas no litoral do municipio

Abre as portas este venres 31 as 20:00 horas na Sala de Proxectos do CTB de Ferrol e poderase visitar, cando menos, ata maio

 A concellería de Cultura do Goberno de Ferrol ven de presentar hoxe unha nova proposta expositiva que se inaugura este venres 31, as 20:00 horas, na Sala de Proxectos do Centro Cultural Torrente Ballester (CTB) de Ferrol, obra do fotógrafo ferrolano Kiko Delgado.

Mar é o nome da mostra fotográfica que asina Delgado e que se compón de preto de medio cento de imaxes en blanco e negro tomadas, na súa totalidade, nas praias da costa do Concello de Ferrol, explicaba esta mañá o seu autor, é unha visión moi íntima e unha aposta persoal que fuxe das estampas clásicas de mar e area para ofrecernos outra visión do mar e da area, en rochas, crebas, espuma, salitre, vivos, conchas e tamén, o lixo que ensucia a costa.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, manifestou a súa especial satisfacción polo resultado desta mostra fotográfica “un arte que vive un momento doce e exitoso na cidade, nun medio áxil, flexible e reflexivo, que xa colga das paredes do Torrente Ballester, onde se poderá visitar, cando menos ata maio”.

O Concello editou medio milleiro de catálogos de ‘Mar’ que estarán a disposición dos visitantes da mostra e que conta co prólogo do escritor Antón Cortizas, amigo persoal de Delgado, que quixo regalar unhas palabras. “Quen mira o mar con ollos de sede, sabe que o mar ten moitos horizontes”, inicia o prólogo.

A mostra ábrese o venres 31 as 20:00 cun convite aberto a todo o público.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s