“UNHA CURA PARA ADRI”, partido benéfico co respado da mancomunidade

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, na representación da Mancomunidade, presentaba hoxe na sede de Delegación Galega de Fútbol na cidade, as actividades solidarias programadas en apoio á iniciativa “Unha Cura para Adri”, que conta co respaldo explícito de todos os concellos do ente supramunicipal.

Ademais de Suárez, participaron hoxe da presentación o delegado da Federación Galega de Fútbol Manolo Mesa e os reprentantes do colexio de árbitros e dos concellos da Mancomundiade, como a titular de Deportes de Ares,, arroupando aos promotores do evento, desde a asociación ‘Unha cura para Adri’.

O evento serán dous partidos benéficos que se van disputar na Gándara (Narón), o mércores 12 de abril, as 17 e as 19:00 horas, entre distintos combinados femininos e masculinos co sorteo de catro camisetas de Depor, Celta, Racing e da Selección Galega.

A recadación íntegra será para a asociación.


O rexedor subliñaba a súa disposición “e a de toda a Mancomunidade, a respaldar con toda a forza e a ilusión, un evento desta natureza que combina deporte e solidariedade apoiándose en valores como o esforzo e a superación”.

“É moi importante respaldar este tipo de iniciativas, non só por Adri, senon porque poñen de relevo que hai enfermidades consideradas raras que non centran a atención para a investigación e que esto, aínda que sexa unha pequena gota no océano, sexa unha pequena oportunidade de ter unha cura”, rematou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s