O saneamento da Ría de Ferrol actívarase esta semana

O Goberno de Ferrol leva mañá a pleno extraordinario (12:30 horas) o convenio con Augas de Galicia para a posta en marcha da depuración

É unha solución transitoria para cumprir coa urxenca e prioridade de activar a depuración logo de moitos anos de agarda coa confianza de aprobar a impresindible taxa para garantir a viabilidad do servizo

Os alcaldes de Narón e Ferrol expuxeron dos detalles dun convenio que é o reflexo da vontade de entedemente entre os dous concellos

O saneamento da ría de Ferrol podería activarse este mesmo martes 4. Unha data sinalada e longamente agardada polos veciños dos concellos da contorna para iniciar o tratamento das augas negras da ría de Ferrol, en concreto as dos veciños dos municipios veciños de Ferrol e Narón a través da estación depuradora (EDAR) de Cabo Prioriño.

A súa activación depende, unicamente, de que o pleno da corporación de Ferrol aprobe, este martes 4 en sesión extraordinaria as 12:30 horas, o convenio con Augas de Galicia, para activar o sistema cunha solución transitoria a espera de que se aprobe a imprescindible taxa do saneamento para garantir a viabilidade e sustentabilidade económica e xurídica do servizo.

É un longo camiño desde que iniciamos este mandato no que tratamos de regularizar a situación e paliar as innumerables deficiencias que nos atopamos na depuradora, tanto estruturais como administrativas”, resumía hoxe Jorge Suárez, que amosou a súa confianza en que, a partires do pleno de mañá, “poder dar unha boa nova a todos os veciños, en particular aos 500 familias dos mariscadores que viven do mar”.

O primeiro edil expuxo que o Concello de Ferrol vai asumir, en réxime transitorio, e con recursos propios, o custo da activación do saneamento mentres no se aproba a necesaria taxa para a sustentabilidade económica do servizo.

Asi o manifestou, este mediodía, nunha rolda de prensa conxunta co alcalde de Narón, José Manuel Blanco Suárez, na Sala de Comisiones do Concello de Ferrol. Ambos amosaron o bo entendemento que existe entre os dous municipios, neste e noutros puntos, e que apostaron desde sempre pola cooperación e a urxencia de activar o saneamento ademais de fixar o reparto dos custos dos interceptores [Ferrol 70%-Narón30%] a través dun convenio que xa está sometido a información de Secretaría e fiscalización da Intervención Municipal, e que tamén lles foi remitido ao resto dos grupos.

Agardamos que mañá, se todo transcorre con normalidade, poda ser unha data histórica e poidamos estar celebrando que comeza o saneamento na ría de Ferrol despois de moitas dificultades”, manifestou Suárez.

Pola súa banda, Blanco afeaba a Xunta que é a propietaria da EDAR e da EBAR, a dilación no proceso. “Os concellos estabamos dacordo hai dous anos pero había que plasmalo por parte de quen era o propietario”, manifestou o rexedor de Narón, que amosou a súa confianza en camiñar, o antes posible, cara a mancomunización do servizo como é a intención da Mancomunidade de Concellos.

A taxa polo saneamento, reiteraron hoxe os dous mandatarios, será idéntica para os veciños de Narón e Ferrol, en torno aos 72 euros anuais -seis ao mes- por domicilio e consumo medio de 10 metros cúbicos. Suárez recordaba tamén que está previsto o investimento de 5 millóns de euros para o saneamento de A Malata, por parte de Augas da Galicia, nun proxecto no que tamén se solicitou, desde o Goberno local, a inclusión do río Sardiña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s