GALICAMP de primaveira en Covas e Esmelle #FerrolCoaLingua

Aberto o prazo para anotarse neste campamento de cinco días na zona rural con actividades centradas no medio natural e de balde para 40 nenos de 3 a 12 anos

Desde xa mesmo está aberto o prazo para anotarse no Galicamp de Primavera, nos días 10, 11, 12, 13 e 17 de abril, con 40 prazas para nenos de 3 a 12 anos en Covas (20) e Esmelle (20), que organiza o Concello de Ferrol a través da Concellería de Normalización Lingüística.

Foi presentada hoxe polo concelleiro, Álvaro Montes, e os representantes das entidades de Esmelle e Covas, onde se van a desenvolver.

Esta actividade, que ven a darlle continuidade ao campamento de Entroido e os obradoiros de teatro de Nadal co obxectivo de favorecer os espazos de ocio en lingua galega tanto na zona rural como urbana. Será os días 10, 11, 12, 13 e 17 de abril, coincidindo coa Semana Santa e o luns, festividade local de Chamorro.

Os interesados teñen que anotarse nos seguintes enderezos electrónicos por rigoroso orde de inscrición: avv@valdeesmelle.com e avvcovas@gmail.com

O horario das actividades é de 10 a 14 horas, coa posibilidade de entrar as 8:30 (servizo de madrugadores) e recollida ata as 14:30, para favorecer a conciliación, e unha pausa a media mañá para un pequeno almorzo saudable.

A actividade, recalcou hoxe Monte, é completamente de balde pero é preciso reservar a praza nos correos que se indican por orde de inscrición ata completar a capacidade. Inclúe un seguro por cada neno e todas as actividades que van a desenvolver están ligadas a Primavera (Maios, oficios tradicionais e Letras Galegas -afondando nos libros de Carlos Casares, o autor ao que se lle adica este ano 2017), así como unha ruta guiada polo entorno natural e unha pequena romaría na traca final do peche.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s