O Concello asina un convenio con Teima-down Ferrol para abrir as portas municipais á inclusión social e inserción laboral #FerrolEmprego

Foi asinado este mediodía polo alcalde e a presidenta de Teima cunha duración de dous anos prorrogables

Unha primeira persoa iniciará a súas prácticas non laborais o vindeiro 18 de abril no pavillón deportivo de Esteiro

O Concello de Ferrol ven de asinar este mediodía un convenio de colaboración coa Asociación Down-Ferrol, entidade social coa que se ven colaborando desde o ano 2007, na iniciativa de “Emprego con apoio”, facilitando instalacións municipais para realizar prácticas non laborais co obxectivo de promover a inserción das persoas no mundo laboral.

A sinatura deste convenio tiña lugar este mediodía na Sala de Comisión do Concello de Ferrol e foi asinado polo alcalde, Jorge Suárez, e o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, e Patricia Serantes, a presidenta de Teima.

Trátase, tal e como explicaron os responsables municipais dun convenio vivo de colaboración cunha duración de 2 anos prorrogable por outro ano máis (total 3 anos), co obxecto de idade de dar continuidade no tempo a esta colaboración máis aló dun simple apoio puntual.

O alcalde salientou a importancia do traballo de Teima “como referente das entidades sociais”, a prol da inclusión, con empuxe, dignidade e ilusión e a necesaria implicación activa das entidades e Administración Pública na inserción laboral das persoas con necesidades especiais, como está a facer este Concello.

No inmediato, o vindeiro 18 de abril, vaise incorporar unha persoa a realización das prácticas no marco deste convenio no pavillón municipal de Esteiro. Nos vindeiros meses, se irán incorporando outros rapaces e rapazas segundo o demande a entidade.

As dependencias nas que se van realizar as prácticas xa foron valoradas antes polo equipo de profesionais da asociación Down-Ferrol, nun traballo previo de adecuación oco fin de que persoa que participe neste programa teña un deseño específico e un emprazamento axeitado para facelo.

      • Máximo de 6 meses de duración

      • Xornada máxima de 22,5 horas semanais

      • De luns a venres

      • En horario flexible de mañá e tarde, segundo a dispoñibilidade dos servizos e sobre todo da realidade das persoas participantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s