O alcalde Jorge Suárez secunda a concentración en Compostela diante da Consellería de Infraestrutura e Vivenda en demanda de urxentes medidas para a liña de Feve #Mobilidade

Esta mañá 7 dos 10 rexedores dos municipios afectados polo deterioro progresivo da infraestrutura e do servizo de FEVE trasladaron as súas demandas diante da Consellería de Infraestruras e vivenDa a espera de ser recibidos pola conselleira Ethel Vázquez. O pasado 20 de marzo os alcaldes mantiveron unha xuntanza en Moeche a acordaron achegar unha carta solicitando a devandita entrevista. Solicitude que non obtivo resposta.

Como resultado, os rexedores decidiron desprazarse hoxe a mañá (10:00 horas) ata Compostela, as dependencias da Consellería de Infraestructuras, coa intención de manter unha xuntanza coa conselleira. Acudiron os rexedores de Ferrol, Moeche, San Sadurniño, Narón (1 tenente de alcaldía), Cerdido, Cariño, Valdoviño. Non puideron asistir, pola concidencia cun pleno, os de Cedeira e Ortigueira, que tamén se suman a este acto, así como o Concello de Viveiro.

Os alcaldes amosaron a súa indignación polo que consideran un desprezo a 240.000 veciños das comarcas sen unha solución para un problema sobre o que veñen reclamando -desde hai un ano- unha solución. Desde a Xunta, quedaron en remitir, esta mesma tarde, data para unha xuntanza en ausencia da Consellería. Foron recibidos polo xefe de gabinete da conselleira, ao que transmitiron o seu fondo malestar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s