“Peque Educa”, campamentos para nenos de 3 a 12 anos na Semana Santa 2017 #Igualdade

A concellería de Benestar Social, Muller e Igualdade organiza campamentos urbanos de balde os días 10, 11 e 12 de abril no pavillón de Santa Mariña Hai 60 prazas que se cubrirán en rigoroso orde inscrición no propio pavillón para os campamentos que se desenvolverán de luns a mércores de 8:30 a 14:30

Peque Educa é como se deu en chamar os campamentos urbanos da Concellería de Igualdade e Mocidade para favorecer a conciliación familiar nestes días de vacacións escolares. Foron presentados hoxe ao remate da comisión ordinaria de Benestar Social pola concelleira, Saínza Ruiz.

En total, hai 60 prazas para nenos de 3 a 12 anos, completamente de balde, a este campamento que se vai desenvolver no pavillón de Santa Mariña, os días 10, 11 e 12 (de luns a mércores da vindeira Semana Santa 2017) de 8:30 a 14:30 horas.

As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición no propio pavillón de Santa Mariña ata completar aforo, precisaba hoxe Ruiz. Polo miúdo, nos obradoiros contarán con recunchos de lectura, puzzles, xogos de mesa, construción, bonecos e creatividade, ademais dos obradoiros programados para estes tres días que van desde a cociña saudable (Pequechefs), ata o graffiti, chapas e as pegatinas, pasando por unha serie de probas deportivas (ocio activo) co que se chama unha gymkana, con probas e retos adaptados as idades dos pequenos.

Os campamentos, subliñaba Saínza Ruiz, perseguen ademais outros obxectivos mais ambiciosos como promover hábitos de vida saudable, educar en igualdade, desterrar os estereotipos, coñecer o barrio e descubrir os oficios.

Doutra banda, e preguntada polos medios, concelleira expuxo que o Goberno local traballa para renegociar o convenio coa Cociña Económica e dignificar a axuda que reciben as persoas demandantes. Neste contexto explicou que, logo de varias xuntanzas, e a petición da propia entidade benéfica, os 21 usuarios que recollían o menú a domicilio nas dependencias da rúa Rubalcava, poderán contar con vales de axuda para artigos de alimentación e hixiene de primeira necesidade a través do programa Solidarízate, co cal poderán adquirir, eles mesmos, o que precisan nos establecementos asociados: Froiz, Eroski, Familia e Gadis (que ven de resolver un problema contable interno que afectaba ao centro de Portanova).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s