FeC considera un desprezo absoluto os investimentos adicados á cidade nos Orzamentos Xerais do Estado

Os novos orzamentos do Estado son un novo episodio no que Galicia e a nosa comarca de Ferrolterra sufren un desprezo e desleixo absoluto por parte do Estado. Se atendemos as grandes cifras estes orzamentos non fan máis que reflictir que o investimento do estado en Galicia cae un 32%, demostrando de novo a gran defensa que sobre os intereses de Galicia fai o PP e o señor Nuñez Feijoó.

Ese novo proxecto de orzamento que se presentou o pasado martes nas Cortes Xerais do Estado, prevé un investimento para o noso pais de 924,53 millóns de euros, o que supón que recibiremos 442 millóns de euros menos. Esto representa importantes recortes en áreas vitais para o desenvolvemento social e económico dos nosos territorios.

Este recorte é dos retrocesos maiores en canto outras zonas do Estado, s só superados por Andsalucía e a Comunitat Valenciana. No caso da nosa Comarca e en concreto de Ferrol volvemos a ser os grandes damnificados no que estes orzamentos representan un exercicio de hipocrisía e un auténtico lavado de cara que non vai incidir en implementar mellorar significativas para a vida dos veciños e veciñas.

FeC considera que de novo as demandas históricas da zona non foron atendidas nin respostadas. Hai unha falla total de investimentos precisos en diversos eidos para a reactivación socio- económica do territorio sufrindo de novo o desprezo absoluto que dende hai décadas é vítima a nosa cidade polas distintas administracións do Estado.

Unha das demandas máis precisas segue a ser as melloras precisas entre a liña Ferrol- Coruña, unha liña qe nos seus 133 anos de historia someteuse a leves intervencións, e que nestes orzamentos recibirá uns irisorrios 550 000 €, cantidade que é un “brindis ao sol” dado o lamentable estado de abandono da liña, denunciada polos propios alcaldes recentamente nunha xuntanza conxunta na nosa cidade. O trasnporte por ferrocarril é un soporte básico para vertebrar a comunicación e o presente e futuro socioeconómico para o territorio.

Tampouco o noso patrimonio histórico e cultural recibe unha atención especial e pasa a ser outro dos grandes esquecidos. De xeito importante destacamos a necesaria intervención e recuperación do Castelo de San Felipe que a pesares dos esforzos do propio concello precisa fortes investimentos para recuperar algunhas das súas zonas especialmente danadas e de especial valor histórico.

Pero se algún punto debemos destacar de xeito importante é o espazo que Navantia ocupa nestes orzamentos nos que non hai partidas específicas para a reactivación da construción naval, condenando a un dos grandes motores económicos da comarca e da provincia de novo ao desleixo absoluto. A industria naval xera preto de 7000 empregos directos e indirectos.

FeC entende que estes orzamentos amosan a indiferencia do Estado cara a Ferrolterra, xa que de novo o investimento é rídiculo cando menos para o que son demandas históricas da zona e que novamente quedaron sen resposta ou atentidas cunha partida pírrica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s