Actividades na Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol #MedioAmbiente

Durante a Semana Santa a Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol ofertará diversas actividades para todas aquelas persoas que se queiran achegar polas súas instalacións nos xardíns do Cantón de Molíns.

O horario de apertura da Aula será o habitual, de martes a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Dende o martes 11 de abril, e ata o 30, estará aberta ao público a exposición “Operación Monarca”. A exposición mostra un dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega, a visita de alén do Atlántico da bolboreta Monarca.

Ademáis, do martes 11 ao domingo 16, os usuarios terán a oportunidade de participar en 2 obradoiros diferentes.

Polas mañás un de elaboración de papel reciclado (de 10:00 a 14:00) e polas tardes outro de construción de trampas para a avespa asiática (de 16:00 a 19:00), xa que co comezo da primavera as raíñas de avespa asiática comezan a construción de novas colonias, e con este obradoiro preténdese axudar a reducir o impacto desta especie invasora colocando trampas preto de niños vellos e árbores e arbustos en flor.

Para participar nas diferentes actividades non será preciso inscribirse con antelación. É de balde.

Pódese obter máis información no teléfono 981944222.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s