A Concellería de Emprego presenta un Programa de Emprendemento Sostible #Emprego #Emprendemento #Sostible

Se tes unha idea de negocio viable, podes facer dela o teu emprego e forma de vida

O Concello de Ferrol pon en marcha un programa de Emprendemento Sostible con catro obradoiros, dous campus e bolsa de titorías especializadas con 120 prazas de balde

As prazas cubriranse por orde de inscrición desde o 19 de abril e os interesados poden consultar toda a información en www.ferrol.es/emprego/

O Concello de Ferrol ven de poñer en marcha un programa de Emprendemento Sostible,.completamente de balde e con 120 prazas, co obxecto de impulsar o estímulo emprendedor e axudar na transformación das ideas empresariais, en proxectos de negocio e en postos de traballo.

Este programa, que ven impulsado desde concellería de Emprego e Promoción Económica, foi presentado hoxe en rolda de prensa polo edil Álvaro Montes, e Verónica Rodríguez, de Promove, na parte técnica. “É unha aposta senlleira polo emprendemento que se basea na experiencia e na que destaca, sobre todo, a formación”, resumía o concelleiro.

O concelleiro explicaba este mediodía que Emprendemento Sostible vaise desenvolver de abril a decembro en dúas convocatorias, unha primeira que arranca esta primavera, -ábrese o primeiro prazo o 19 de abril-, e outra, a volta do verán.

O programa formativo, expuxo Montes, estará composto por un total de 6 accións formativas divididas en función do perfil das persoas emprendedoras segundo o grao de maduración da súa idea empresarial e con dous tipos de actividade (4 obradoiros e 2 campus), e 120 prazas sen ningún tipo de custo que se cubrirán por orde de inscrición.

A. CATRO OBRADOIROS DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Dirixido a aquelas persoas que estean valorando a posibilidade de emprender de xeito sostible. Neste obradoiro traballarase a motivación para o emprendemento sostible, explicando os elementos principais a ter en conta á hora de crear unha empresa e traballando os instrumentos que axudan á busca de ideas empresariais.

B. DOUS CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE VIABILIDADE EMPRESARIAL CON CANVAS. Dirixido a aquelas persoas que xa teñan a idea de negocio e queiran analizar a súa viabilidade. Neste campus traballarase coas persoas participantes a maduración da idea empresarial. As ferramentas empregadas para a análise da viabilidade empresarial serán o MÉTODO CANVAS e o VIABLE.

Os CAMPUS de EMPRENDEMENTO SOSTIBLE, son un proxecto formativo cunha metodoloxía innovadora que consiste na combinación de sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas no concello e na súa contorna, que poden servir como referencia para os emprendedores/as locais.

Servirá, polo tanto, de punto de encontro e interacción entre persoas con potencial emprendedor e persoas responsables de empresas sostibles do concello de Ferrol. As primeiras buscarán clarificar o seu futuro e as segundas tratarán de ser o espello no que reflectirse, un espello que recolle a imaxe de empresas economicamente rendibles, socialmente comprometidas e medioambientalmente respectuosas.

Ademais, unha vez finalizadas as sesións teóricas e prácticas, pórase a disposición do conxunto de participantes nos campus de viabilidade empresarial, unha bolsa de titorías para completar o proceso de maduración e análise iniciado durante a acción formativa.

Todas as persoas interesadas en participar nos cursos, poderán consultar toda a información sobre o proxecto na web www.ferrol.es/emprego/ ou chamando ao 981 94 41 95. O prazo para anotarse arranca este mércores, 19 de abril.

DATAS

1º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE:

Datas: 4 de maio

Horario: 10:00 a 14:00 h.

2º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE:

Datas: 8 de xuño

Horario: 10:00 a 14:00 h.

CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE VIABILIDADE EMPRESARIAL CON CANVAS

Datas: 19, 20, 21 e 22 de xuño

Horario: 10:00 a 14:00 h*

*As accións formativas do campus, terán lugar de luns a mércores e o xoves realizarase a visita ás empresas durante todo o día.

Todas as accións formativas terán lugar no Centro Municipal de Emprego, sito na Rúa Sagrada Familia, nº 56.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s