A Feira do Libro 2017 aterra mañá na Praza da Constitución de Ferrol #CulturaFerrol #LediciaDeLer #FestaDaLectura

Será a edición número 28 da Feira do Libro de Ferrol, que ven acompasada dun amplo programa de actividades impulsadas desde a Concellería de Educación como ‘A Festa da Lectura, do Libro e da Palabra 2017’

Conta con 13 casetas de libreiros e institucionais do 19 ao 23 de abril e empata coa primeira feira do Libro Antigo e de Ocasión, do 26 ao 11 de maio

Ferrol, 18 abril.- A 28 edición da Feira do Libro de Ferrol xa está aquí. Abre as súas porta este mércores 19 na Praza da Constitución de Ferrol, con 13 casetas -9 libreiros e 3 institucionais, ademais dun punto de información fixo- baixo o título ‘A Ledicia de Ler’.

Estará no Cantón de Molíns deica o 23 de abril, en horario de 11 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30 horas,-fins de semana e festivos:14:30 horas- cun amplo programa de actividades para o desfrute de todos os amantes das letras e da música, 10% de desconto nas compras, sorteos, sorpresas e agasallos.

A Feira do Libro de Ferrol chega, neste ano 2017, a súa edición numero 28 é entra dentro das 16 que se celebran por toda a xeografía galega. Por primeira vez, e como novidade, vaise empatar o final da Feira do Libro co inicio da primeira Feira do Libro Antigo e de Ocasión, do 26 de abril ao 11 de maio, que chega a Ferrol, que era a única das grandes vilas galegas nas que non tiña lugar este evento.

Na presentación desta Feira do Libro e Festa da Palabra, que tiña lugar este mediodía no Concello, tomaban parte o concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea, Jesús Espada, na representación da Xunta de Galicia, e a presidenta da Federación dos Libreiros de Galicia. Conta, tamén, co respaldo da Deputación da Coruña e na representación dos libreiros locais toman parte as librerías: Cortizas, Estraviz, Central, Galiano, Editorial Planeta, MetropolisComics, Day, Pedreira e Cartabón.

A FESTA DA LECTURA, DO LIBRO E DA PALABRA 2017

O concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, terá unha implicación moi especial e activa nesta edición do 2017 xa que ten deseñado un amplísimo programa de actividades que complementan a feira con música, roteiros naturais e contacontos.

O acto inaugural terá lugar este mércores 19, as 19:30 horas, coa participación do concelleiro de Cultura, Suso Basterrecha, e a actuación do Real Coro de Toxos e Froles.

Ademais, e nos vindeiros días, a parte local do programa da Feira do Libro de Ferrol 2017 aposta pola música, a cargo de Noreia Hermida, unha mociña virtuosa do piano e alumna do Conservatorio Xan Viaño, contacontos, actuación do Coro Infantil Canta con Nós.

Tamén repetimos cun roteiro natural guiado pola SGNH (Lendo a Natureza, o sábado 22 as 11:30) e unha exhibición de Xadrez Na Escola, o domingo 23 as 12:00, ademais da presentación dos traballos de investigación sobre dúas figuras senlleiras da historia deste concello como son Alejandro Porto Leis, derradeiro alcalde republicano de Serantes, por parte de Paulina Gasalla, autor do último libro sobre a súa figura, e Hildegart Rodríguez Carballeira, da man de Rosa Cal e Eliseo Fernández, coa colaboración do Ateneo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s