37 Memorial Juan Varela de natación – XX Trofeo Internacional Concello de Ferrol e Iº Trofeo Máster

PRETO DE 30 CLUBS E 300 NADADORES DISPUTAN ESTE SÁBADO A 37 EDICIÓN DO MEMORIAL JUAN VARELA-XX TROFEO INTERNACIONAL CONCELLO DE FERROL

O domingo 23 terá lugar a primeira edición do Trofeo de Natación Master no que compiten 102 persoas de 20 a 89 anos de idade

Será os días 22 e 23 de abril na piscina de Batallóns, en Esteiro e co club Marina Ferrol como anfitrión

O memorial Juan Varela de natación chega este sábado a súa edición número 37. Ferrol vaise converter na capital da natación cun torneo, o XX Trofeo Internacional Cidade de Ferrol, xa mítico e que neste ano, conta coa participación de 28 clubs (2 deles portugueses) e o resto son galegos e procedentes doutras autonomías con preto de 300 nadadores inscritos.

Será o sábado 22 de abril na piscina de Batallóns, en xornada de mañá e tarde (desde as 10:30 e as 17:00 horas). A proba foi presentada este mediodía na sala de Comisión do Concello de Ferrol en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, acompañado do presidente do Club Marina Ferrol, Fernando Bustabad, e do director técnico, Ito González.

Basterrechea destacaba o enorme mérito dun torneo que celebra a súa edición número 37, algo nada sinxelo, a implicación dos clubs, a alta participación e o pulo pola natación desta cidade. Subliñou a presenza, por primeira vez, de equipas que acoden a esta edición como Club Naval Povoense, CN Sanxenxo, A.D. tríatlon Oleiros, a Federación Cántabra con nadadores pertencentes a clubs como: CN Camargo, CN Torrelavega, CN Astillero, Bahia Ostende o Noja Golden Beach.

Pola súa banda, o presidente do Marina Ferrol salientaba que se incrementou a contía do premio en metálico que reciben os gañadores absolutos do Memorial Juan Varela, que serán 300 euros nas categorías masculina e feminina como recompensa ao seu esforzo nun deporte que non está entre os mais mediáticos, mais o trofeo especial que patrocinan as empresas Cándido Hérmida e Talleres Ramos.

O director técnico do Marina, Ito González, apuntou que o club galego que mais nadadores aporta ao torneo é o Natación Ferrol, empatado co Pavillón Ourense, con 25 competidores cada un. Por cada récord galego que se supere neste campionato na cidade de Ferrol, os nadadores percibirán 100 euros.

Unha das grandes novidades desta edición do 2017 é que será, segundo manifestaron, un “trofeo dobre”, xa que a 37 edición do Juan Varela, seguiralle, na xornada do domingo 23, a celebración do I Trofeo de Natación Máster no que están anotado 102 nadadores -59 homes e 43 mulleres- con idades que van dos 20 ao 89 anos. A sección Máster do Marina foi creada hai dous anos e o seu tirón vai en aumento.

Pertencen a os clubs de C. MARINA FERROL, REAL SOCIDAD D. HIPICA, C. FLUVIAL DE LUGO, A.D. FOGAR, C.N. FERROL, C.N. RIAS BAIXAS, C.N. RIVEIRA, C. TRAVIESAS NAT., C.N. ARTEIXO, C.N. PORTAMIÑA LUGO, C.D.N. CIUDAD DE SANTIAGO, CLUB HECULES TERMARIA, C.N. E SALVAMENTO A ESTRADA, C.N. ARZUA.

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, presidirá o sábado a entrega de trofeos do 37 Memorial Juan Varela na piscina de Batallóns a partires das 19:30 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s