Nova exposición no CTB: Fondos para un museo: Paisaxes de Mar e Terra

A sala Felipe Bello Piñeiro acolle unha nova mostra pictórica cos fondos do Concello de Ferrol centrada nas marinas e na paisaxe rural

Son 17 obras asinadas por Seijo Rubio, Sotomayor, Eduardo de la Vega ou González Collado,que integran o extenso e excelso patrimonio pictórico municipal

Esta mostra poderase visitar ata o 7 de maio no CTB e terá continuidade no futuro con outras baixo o mesmo epígrafe a fin de achegar estas xoias pictóricas de propiedade municipal aos veciños e veciñas

Fondos para un Museo: Paisaxes de Mar e Terra, é o nome da nova proposta expositiva que acolle desde hoxe mesmo a sala Felipe Bello Piñeiro do Centro Cultural Torrente Ballester (CTB), e que se compón de preto de vinte obras que integran a colección pictórica municipal.

A mostra “Fondos para un museo. Paisaxes de mar e terra”, explica Rosa Méndez, concelleira de Patrimonio Histórico, pretende ser unha mostra de parte dos nutridos fondos pictóricos de temática paisaxística do Concello de Ferrol,

A través de 17 obras de autores como Seijo Rubio, Sotomayor, Eduardo de la Vega ou González Collado, que integran esta mostra, podemos facer un percorrido polo paisaxismo da nosa contorna a través dos fondos pictóricos propios como un pequeño anticipo dunha visión máis ampla que se completará con posteriores exposicións dentro da mesma serie “Fondos para un museo”, co obxecto de achegar ao público o patrimonio artístico do Concello.

A mostra pódese visitar desde as 17:00 horas esta tarde e estará a disposición do público ata o 7 de maio, no centro cultural da Rúa Concepción Arenal, de 11 a 14 e de 17 a 20:00 horas. Os domingos e festivos, o horario de visitas vai de 11:00 a 14:00 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s