O Concello asinou esta tarde o convenio Terra co Colexio Galego de Arquitectos

Costea as viaxes en lancha a San Felipe de estudantes galegos de Secundaria de oito localidades para afondar nun mellor coñecemento do territorio e a paisaxe

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, procedeu hoxe a sinatura do convenio entre o Concello de Ferrol e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para sufragar o Proxecto Terra, un programa educativo para alumnos de Secundaria que se desenvolve nos meses de abril e maio e que ten por obxecto complementar a súa formación e afondar nun maior e mellor coñecemento da paisaxe, a arquitectura e do territorio galego.

 Asinaron o acordo o alcalde, Jorge Suárez, e o decano do Colexio de Arquitecto, Antonio Maroño Cal. O Proxecto Terra 2017, dálle continuidade ao asinado polo Concello de Ferrol no pasado ano e é froito do convenio de colaboración subscrito en xuño de 2014 entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no marco da “Estratexia galega da paisaxe”.

Consiste nunha serie de actividades e visitas de un a dous días dos estudantes a nosa comarca, con aloxamento en Alvarella, no Eume, visitas ao Museo da SGHN, Exponav, Aquaciencia e a Aula de Ecoloxía Urbana na que o Concello costea as viaxes e o transporte dos rapaces en lancha ata o Castelo de San Felipe, expuxo Lemos. Son alumnos de Secundaria que proveñen de Mondoñedo, Viveiro, A Estrada, Cuntis, Monforte, Santiago, Castrocaldelas e O Pino.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s