Ferrol promociónase como destino de Turismo Activo en Cataluña

O concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, subliñou o completo potencial que ten esta comarca para en patrimonio, paisaxe, a gastronomía, oferta cultural e práctica de deportes de aventura

Fíxose fincapé na próxima edición do campionato de Surf Pantin Classic Galicia Pro Surf, un referente mundial que este 2017 celebra o seu 30 aniversario

Ferrol promocionase como destino idóneo para o turismo activo en Cataluña polo grande potencial que ten esta cidade e a súa contorna para ofrecer una oferta completa que suma patrimonio histórico e militar, oferta cultural, paisaxe e gastronomía, coa practica do turismo activo, en particular no referido aos deportes náuticos.

Foi nunha presentación especial e específica para medios de comunicación de Cataluña ou radicados en Barcelona que tiña lugar esta mañá (10:00) nos salóns do Hotel Silken Diagonal da capital catalana, na que participaron un total de 33 medios.

O concelleiro de Turismo de Ferrol, Suso Basterrechea, foi o encargado de defender o amplo, intenso e completo potencial da cidade, que suma patrimonio histórico, arquitectónico e militar, o seu trazado racionalista e o modernismo, unha característica que -salvando as distancias, manifestaba Basterrechea, comparte con Barcelona.

Tamén relataba os encantos do Museo Naval e Exponav, que entroncan coa tradición da construción naval como referente de turismo industrial, a rutas das Meninas de Canido, sen esquecer que todo se encaixa nun entorno natural único e privilexiado, rodeado de inmensas e fermosas praias e mais que axeitado para os deportes de aventura e o que se deu en chamar, turismo activo (surf, parapente, BTT, kayak.. ).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s