A mestra Tomasa, lendo e viaxando polo mundo #ViveGalego #TeatroEnGalego

Unha actividade de balde para nenos de 3 a 9 anos do programa ‘Coa Língua fóra’, de Normalización Lingüística que chega este xoves 27 a capela do CTB

A mestra Tomasa, lendo e viaxando polo mundo chegará o xoves 27 a Ferrol, ás 19.00 horas, á capela do C.C. Torrente Ballester, dirixida a un público de 3 a 9 anos e completamente de balde.

É unha iniciativa de promoción e fomento do galego a través dun fermoso espectáculo teatral de animación á lectura, co gallo do pasado Día do Libro, e destinado ao público infantil, no marco do programa «Coa lingua fóra» promovido pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.

Logo do teatro, a rapazada tamén participará nunha actividade complementaria para fomentar o hábito de ler en galego, e fomentar a imaxinación e a creatividade. Buscase favorecer a socialización en galego dos nenos e nenas e da mocidade, conseguindo actitudes positivas cara á lingua do país e promovendo o pensamento crítico e analítico. Outro obxectivo do programa é tamén transmitir o interese pola lectura, importante non só no proceso de aprendizaxe senón tamén na aposta por un lecer divertido que contribúa a incrementar a imaxinación e a creatividade.

 

Nota: A entrada é gratuíta pero débese recoller previamente no despacho de entradas do Teatro Jofre ou media hora antes no propio C.C.Torrente Ballester. Dúas por persoa, como máximo.

Sinopse: O trasno Floripondio quere conseguir o diploma de “contacontos viaxeiro”. Para conseguilo debe impresionar a mestra “Tomasa Que Che Pasa”. Coñecer as partes dun libro, saber contar historias e entender o seu fondo, son algunhas das habilidades que o trasno Fliripondio debe ter para conseguir o diploma. O espectáculo, sempre dende o humor e o dinamismo, trata temas como o fomento da lectura e a igualdade. Bromas, conxuros, participación da cativada, música en directo, mestura de actores e monicreques; son algúns dos ingredientes deste espectáculo centrado nos libros e no que o público participa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s