Ferrol achega vales de Emerxencia Social para mercar gafas e audiófono a 21 familas sen recursos #Benestar #Solidarízate

Faise a través do programa Solidarízate e a esta convocatoria xa responderon 5 establecementos de óptica e optometría da cidade

A concelleira de Mocidade e Igualdade acudía este mércores a un dos pasas que pechan o Cinensino 2016/2017, un ciclo valores 16/17 polo que pasaron preto de 2.000 escolares de Primaria e ESO

A concelleira Saínza Ruíz nunha rolda de prensa o mes pasado

A Comisión informativa ordinaria de Benestar Social, Muller, Mocidade e Igualdade informou hoxe das bases da convocatoria da adhesión dos establecementos de óptica/optometría ás prestacións de axudas de emerxencia. O obxectivo é que as persoas que non teñen recursos económicos dispoñan dun instrumento áxil que lles permita acceder as próteses auditivas e visuais (con prescrición facultativa do médico especialista).

Os vales da concesión da axuda do Concello dan o acceso a cobertura da necesidade desde o respecto a dignidade e liberdade de elección da persoa que o precisa (sempre e cando non estean subvencionados por outras administracións, entidades ou organismos).

A concelleira, Saínza Ruiz, indicou que ata o momento xa se adheriron a este programa un total de cinco establecementos de óptica e optometría do municipio. As empresas interesadas poden anotarse ou obter mais información no correo solidarizate@ferrol.es

Os servizos sociais do Concello dispoñen dunha reserva de crédito de 10.000 euros para este fin dos que xa se asinaron vales po algo mais de 4.000 euros para cubrir a demanda de 21 familias solicitantes que tiñan acreditada a necesidade e que carecían de medios económicos para facerlle fronte. Os produtos que se poden adquirir con este sistema de vales son gafas e audiófonos.

PRETO DE 2.000 ESCOLARES PECHAN O CINENSINO 2017/2018

A concelleira de Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, acudía este mediodía no teatro Jofre a un dos derradeiros pases do programa do programa Cinensino no curso escolar 2016/2017, no que tomaron parte preto de 2.000 alumnos de para alumnos de Educación Primaria e da ESO de centros públicos e concertados do municipio.

Do 25 ao 28 de abril 2017, teñen lugar no teatro Jofre, pases dobres cada día con proxeccións as 10:00 e as 12:00 e as 9:30 e 12:00 (xoves e venres). En total, polo Cinensino 2016/2017 pasaron 853 alumnos da ESO e 39 mestres e 1067 de Educación Primaria e 52 profesores. Este programa ten un importe de 25.000 euros, a mesma contía nos cursos 14/15; 15/16 e 16/17.

As películas escollidas para Educación Primaria foron Little Boy, Aviones de Papel e El Reino de los Monos. Para Ensino Secundario (ESO), Secretos de Guerra, El Novato e Fátima, todas escollidas polo seu transfundo social e como eixo da posterior reflexión e debate que se abre nas aulas como parte do programa.

CINENSINO é programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e comportamentais no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC.

O propósito do programa é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento integral da persoa, implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social, coa finalidade de xerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos.

O programa “CINENSINO” para Educación Primaria vai dirixido a poboación escolarizada do 4º, 5º e 6º curso con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos. En Secundaria, e vai dirixido a poboación escolarizada do 1º ciclo de ESO con idades comprendidas entre os 12 e 14 anos.

Os CEIP que participan son os de Cruceiro de Canido, Ponzos, Esteiro, San Xoán, Recimil, Juan de Lángara, os IES de Canido, Ferrol Vello, Saturnino Montojo, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, Sofía Casanova, Catabois, os CPR Sagrado Corazón, Cristo Rey, Belén, Jesús Maestro, San Rosendo, Lestonnac, Tirso de Molina e Valle-Inclán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s