Ferrol festexa o #DíaInternacionalDaDanza este domingo cun festival este domingo cun Festival coas escolas do municipio

Será este domingo, 30 de abril, as 18:30 horas e as entradas -dúas por persoa- pódense retirar xa no despacho do Jofre no horario habitual

 No ano 1982, e por iniciativa da UNESCO, o 29 de abril foi designado como o Día Internacional da Danza. Para axudar a difundir a arte do movemento e visibilizar os seus artistas no mundo, cada ano encárgaselle unha mensaxe a un/unha coreógrafo/a, Este ano a encargada de elaborar o texto é a estadounidense Trisha Brown.

Co gallo desta data, o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura e coa implicación activa das escolas de danza da cidade, súmanse á celebración da efeméride mediante a organización dunha gala que terá lugar o domingo 30 ás 18:30 horas no Auditorio de Caranza.

Será un espectáculo dinámico, áxil, participativo e con moito ritmo cun repertorio variado que é testemuña da diversidade de propostas que existe no noso municipio no que se dará lectura a unha mensaxe do Día Internacional da Danza.

Ademais dunha mostra da diversidade das artes do movemento na cidade, a xornada está formulada como un convivido entre escolas, bailaríns/nas, público e familias, explicou o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

As escolas participantes e coorganizadoras do acto neste ano 2017 son Escola de Danza Matilde Pedreira, Escola de Danza Suso Pérez Lago, Estudo de Danza Paloma, Rosa Salanova-Shakti Danza, Escola de Danza Cristina Pérez Lago, Estudo de Danza Allegro, Esquío e Mundo Danza

A entrada é de balde e pódense recoller desde xa mesmo os convites no horario habitual de billeteira do Teatro Jofre ata completar o aforo do auditorio. Repartiranse máximo 2 convites por persoa. A duración aproximada do acto será de preto de dúas horas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s