O alcalde Jorge Suárez e o voceiro de Grupo Municipal FeC denuncian o bloqueo que pretende a Moción do PP aprobada co apoio do PSOE #BipartidoDoBloqueo

‘A DIGNIDADE DO NOSO GRUPO É INDISCUTIBLE FRONTE AOS PACTOS INDIGNOS’

 

O alcalde, Jorge Suárez, e o voceiro de Ferrol, cualificaron o acontecido onte no pleno como un auténtico bloqueo da cidade para desgastar ao Goberno local en perxuízo dos veciños a través dunha moción tramposa do PP que contou coa complicidade e as ansias de vinganza do PSOE de Beatriz Sestayo

 O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e o voceiro de Ferrol en Común, Álvaro Montes, comparecían hoxe en rolda de prensa logo do acontecido onte no pleno ordinario de fin de mes, no que unha nova e perversa alianza entre o PP e o PSOE, motivada polo odio e a vinganza.


Ambas formacións, que se din de dereitas e esquerdas, sumaron os seus votos nunha moción tramposa e taimada, onde, baixo o disfraz falaz da transparencia, atenazan as compentencias da Alcaldía en materia económica, en cuestións como as transferencias orzamentarias e pagos correntes, o que obligará a levar a pleno movementos que, na práctica, retrasarán os pagos dos Concellos as empresas que lles prestan os seus servizos, entre outras cousas que implican, inevitablemente, un bloqueo da cidade e dos intereses dos veciños aos que estas dúas formacións, que repiten pinza e alianza contranatura política co único obxecto de desgastar ao goberno, din representar.

“Nós seguimos firmes e unidos no mandato que temos da cidadanía e confío no noso grupo e en que podemos facer un bó traballo en beneficio da nosa cidade ainda con limitacións e diferencias”, manifestou Suárez.

“Creo que o Telladismo/Sestayismo debera ser mais valente e non deben ser tan cobardes e miserables, e que xunten aos 13 concelleiros e presenten unha moción de censura”, rematou.

 

Pola súa banda, o voceiro de FeC, Álvaro Montes, manifestou que a única motivación da moción auspiciada onte polo PP e respaldada cos votos dos tres concelleiros do PSOE foi bloquear e desgastar ao Goberno e de bloqueo a esta cidade.

‘É unha moción de vinganza ao Goberno apoiada por Beatriz Sestayo”, reiterou Montes, que responsabilizou a PP e PSOE de mirar “unicamente polo seu propio interese como xa evidenciaran no pleno no que sumaron os votos para modificar as dedicacións exclusivas, que arrebataron aos concelleiros con responsabilidades de Goberno e incompatibilidades coñecidas, a fin de beneficiarse  e incrementar as súas retribucións cunha nova dedicación por grupo: unha para o PP, outra para o PSOE de Sestayo, ambos na oposición.

 

MOCIÓN DE CENSURA AL PP
 

“A dignidade do noso grupo é indiscutible fronte os pactos indignos”, resumiu Suárez, que hoxe verbalizaba o respaldo do Goberno de Ferrol a moción de censura ao goberno da corrupción que encabeza Mariano Rajoy e que foi anunciada onte polos voceiros de Unidos Podemos-En Marea no Congreso dos Deputados.

“Para que o Estado de Benestar ao que algúns tanto se lles enche a boca defalar sexa completo, algúns téñense que apartar dunha vez das institucións, polo que desde aquí, o noso respaldo total e absoluto a esta moción de censura. Precisamos, non só un cambio de persoas senon un cambio de modelo democrático”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s