Comunicado da Coordinadora de Compostela Aberta ante o #BipartitoDoBloqueo ante a “moción de censura encuberta” do #PPSOE

A Coordinadora de Compostela Aberta traslada o seu apoio ao goberno municipal de Ferrol e ao alcalde Jorge Suárez tralo que considera unha “moción de censura encuberta” por parte do PP e do PSOE.

Este xoves, no pleno ordinario de fin de mes no Concello de Ferrol, asistimos a unha nova e indigna alianza do “bipartidismo do bloqueo” para menoscabar as competencias do Alcalde en materia orzamentaria, obrigando a levar a Pleno determinados movementos e retrasar así os pagamentos burocratizando e ralentizando a acción políltica e a prestación de servizos aos veciños e veciñas de Ferrol.

Para Compostela Aberta este tipo de comportamentos son indignos en política, poi só teñen como finalidade desgastar o Goberno do cambio da cidade en detrimento dos intereses da cidadanía e semella impropio dunha forza política que se autoproclama de esquerdas, como é o PSOE.

Por iso dende Compostela Aberta queremos transmitirlle públicamente o noso apoio ao espazo irmán de Ferrol en Común e o compromiso de seguir traballando colectivamente e con fraternidade fronte aos que empregan o bloqueo e a parálise como ferramenta política nas institucións públicas.

#BipartitoDoBloqueo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s