A Concellería de Participación Cidadá inicia o Foro Cívico da Terceria Idade #Participación #Foro #TerceiraIdade

Será este venres, 5 de maio ás 19:00 no local da AVV de San Xoán de Filgueira-Bertón

Impulsado desde a concellería de Participación Cidadá iniciase cunha unha presentación aberta a toda a cidadanía a que foron convocadas todas as entidades

O Foro Cívico da Terceira Idade de Ferrol será xa unha realidade a comezos deste verán. O Goberno de Ferrol inicia, este mesmo venres, o proceso constituínte do Foro nunha asemblea aberta impulsada desde a Concellería de Participación que terá lugar este venres 5, as 19:00 horas no local social de San Xoán de Filgueira-Bertón. Foron convidadas cal quedan convidadas todas as persoas e entidades interesadas neste proceso.

Este órgano de participación cidadá segue a liña de outros xa creados previamente, tales como as Asembleas de Barrio ou o Foro Cívico da Mocidade, e representa unha nova aposta da administración local pola implicación das veciñas e veciños na xestión pública.

Os Foros Cívicos defínense como órganos de reflexión e debate, de formulación de propostas e de control da execución destas unha vez foron aprobadas polo Concello. Concíbese como un órgano de participación cidadá, e como tal poden formar parte del tanto asociacións relacionadas coa temática a tratar, neste caso, a terceira idade; persoas a título individual que manifesten interese neste ámbito; e ademais, representantes das concellerías relacionadas coa mesma temática.

Representantes municipais, encabezados polo concelleiro da Área, Álvaro Montes Celeiro, xunto co equipo técnico encargado do desenvolvemento deste Foro, darán a coñecer as distintas fases que se levarán a cabo ata a constitución do mesmo. Como peche da xornada, o Grupo “Rosas” da Asociación Cultural Brigantia ofrecerá unha actuación musical.

VINDEIRAS CITAS DOS ENCONTROS PARTICIPATIVOS

As seguintes citas, previstas para a segunda quincena de maio e primeiros de xuño, consistirán en encontros participativos a realizar en locais veciñais.

Terán lugar no Centro Social Río Xubia, no local da asociación vecinal San Salvador de Serantes e no Centro Cívico de San Pablo. Cada unha destas ocasións están pensadas para abordar de maneira conxunta ideas, propostas ou suxestións para a mellora da calidade de vida da terceira idade, sendo as propias veciñas e veciños, así como calquera asociación interesada, as que formulen cales son as necesidades da xente máis maior e que alternativas se formulan para solventalas.

Calquera dúbida ou consulta en relación a este proceso pode ser dirixida á conta de correo electrónico participación@ferrol.es


Desde a Concellería de Participación e Normalización Lingüística,
RETOMAMOS O ROTEIRO FERROL REBELDE,

Un paseo por cen anos de historia obreira, de 1871 a 1975.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s