A XVII EDICIÓN DOS PREMIOS ‘POESÍA E IMAXE EN GALEGO, SEN FILTRO’, DISTINGUE 24 OBRAS E 3 TRABALLOS AUDIOVISUAIS #Lingua #Poesía #Imaxe #NormalizaciónLingüística

Participaron alumnos e alumnas de 19 centros de ensino da comarca

A entrega dos premios tivo lugar onte no CC Carvalho Calero e foi acompasado coa apertura da mostra dos traballos galardoados

O Concello de Ferrol, a través da área de Normalización Lingüística, ven de distinguir os traballos achegados nesta ano 2017 a 17 edición do certame Poesía e Imaxe, En galego, sen filtro, no que foron recoñecidos 24 obras e 3 traballos audiovisais de alumnos de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de 189 centros da comarca.

Entregáronse onte ás 19:30 no CC Carvalho Calero, coa participación do concelleiro, Álvaro Montes. A entrega, foi acompasada da apertura dunha exposición dos traballos seleccionados, do 4 ao 11 de maio, que se poderá visitar de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 no centro cultural.

Centros aos que pertencen as alumnos e os alumnos autores dos traballo premiados

CEIP A Laxe, CPR Ludy. CEIP Isaac Peral, CPR Compañía de María, CEIP PAZOS, CEIP Manuel Masdías, CEIP Ponzos, CPI Atios (Valdoviño), CEIP Manuel Masdías, CPR Sagrado Corazón, CPR Belén, CEE Terra de Ferrol CPR Jesús Maestro, IES Ferrol Vello, IES Concepción Arenal, IES Saturnino Montojo, IES Catabois, IES Carvalho Calero , IES Fernando Esquío.

O  traballo seleccionado par ao cartel é o do alumno Antonio Toval Rodríguez, do XEIP Isac Peral,  de Educación Primaria.

O XVII Certame Poesía e Imaxe, En galego sen filtro, é unha das actividades que desenvolve o Concello de Ferrol, en materia de Normalización Lingüística no ámbito do ensino e conta, para iso, coa colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística.

O certame promove a participación do alumnado dos centros de ensino non universitario de Ferrol e comarca con debuxo, fotografía, colaxe, etc. Os traballos presentados basearanse en fragmentos de poesía ou prosa en diferentes linguas do mundo, isto é, diferentes formas de ver e expresar o mundo; o alumnado recibe nesta edición fragmentos en distintos idiomas – xaponés, grego, chinés, inglés, portugués catalán, árabe, islandés, éuscaro, gaélico, latín e galego- e a correspondente tradución ao noso idioma. Achega, deste xeito, aos máis novos da realidade plurilingüe do mundo do que forma parte a nosa comunidade e da existencia de culturas e formas diferentes de expresión e comunicación, entre as que figura a nosa propia.

Mes das Letras 2017

Vimos de conmemorar Centenario das Irmandades da Fala (16 de maio de 1916), movemento histórico nacido en defensa do idioma galego e do recoñecemento político da identidade de Galicia, que chegou a agrupar 46 irmandades repartidas por toda Galicia e mesmo por países con comunidades galegas de emigrantes. O 15 de abril deste ano cumpríronse 100 anos da fundación das Irmandades de Fala de Ferrol, no local da rolda “Airiños da miña terra”.

Ao longo do 2016, Ferrol sumouse aos numerosos concellos que, acompañados doutras institucións, celebraron este aniversario e agora, se cadra, faino con máis forza para manter viva a lembranza e legado das Irmandades da Fala. Organizáronse actividades que permitiron achegar o valioso e transcendental labor das Irmandades para o futuro da nosa lingua e do noso país: roteiros, exposicións , obradoiros, homenaxes, etc..

Desde Ferrol desexamos continuar coa andaina iniciada no 2016 e nesta ocasión co obxectivo de  poñer en valor este movemento, principio da modernidade en Galicia no século XX, distribúense desde a concellería de Normalización Lingüística exemplares da publicación Arredor das Irmandades, coordinado polo profesor Luís Cochón, que reúne trinta traballos moi diversos organizados en tres grandes bloques: pensamento, política e poética, todos eles cun fondo coñecemento das Irmandades da Fala. A publicación estase a distribuír entre os centros de ensino de bacharelato e ciclos, as bibliotecas municipais de todos os concellos da comarca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s