Teatro con G, arrinca este martes con 19 obras de teatro escolar e profesional de 11 colexios da Comarca #Teatro #Lingua #TeatroConG

O programa, no que cooperan a Coordinadora de Equipas de Normalización e o Concello, vai de maio a outubro e remata cun recitado de poemas no inicio do vindeiro curso 17/18

O vindeiro martes 9 de maio, comezan as xornadas de Teatro con G, organizadas pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra con apoio do Concello de Ferrol, a través de Educación e Normalización, no que participan un total de 11 centros escolares con alumnado de diversas idades para representar 19 obras.

A intención é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os meniños, os nenos e a mocidade se poidan desenvolverse na nosa lingua. Con este fin, haberá mostra de teatro profesional e de teatro escolar.

No teatro profesional, figuran grupos como Caramuxo Teatro, Os Ghazafelhos e Os Quinquillans para atender as demandas de Educación Infantil, Primaria, Educación  Especial, e Secundaria, Bacharelato e Ciclos. As xornadas, explican desde a Coordenadora de Equipas, ten o seu remate en outubro cun recitado de poemas que enmarca o comezo dunha nova xeira no curso escolar.

A primeira será o martes 9, no teatro Jofre, de Caramuxo Teatro, con ‘Fabas Máxicas’., de 10 a 12 horas para o alumnado de Infantil. Achegamos a programación completa do 9 de maio ao 26 de outubro, cos horarios, espazos e títulos das representacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s