O Concello de Ferrol acada 2,5 millóns en axudas a fronte dun Proxecto Internacional para a recuperación do borde litoral do Espazo Atlántico #FacendoCidade

É a primeira vez que Ferrol optaba a este proxecto (MMIAH) liderando un equipo de 8 cidades europeas de cinco Estados

O Concello disporá de 554.765 euros financiados ao 75% polos fondos Feder para investir

O alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Urbanismo María Fernández Lemos área que abandeirou o equipo, destacan que a proposta de Ferrol foi escollida entre 425 propostas das que unicamente 42 pasaron a criba

Ferrol ven de acadar unha axuda de 2,5 millóns de euros de fondos europeos a fronte dun equipo internacional de 8 cidades de 5 Estados para o proxecto Recuperación e Valoración do Patrimonio Marítimo Militar e Industrial do litoral do Espazo Atlántico (MMIAH), que foi liderado desde o Concello de Ferrol e froito da colaboración dun consorcio de entidades locais de distintos estados do Espazo Atlántico: Portugal, Irlanda, Reino Unido, Francia e España.

A iniciativa de Ferrol, que concorría a esta convocatoria por primeira vez nun proxecto empurrado desde a Área de Urbanismo, competía con outras 425 propostas das que unicamente 100 superaron a criba para a II fase. Neste segundo filtro, 42 candidaturas foron aprobadas, entre elas a proposta ferrolá, e 57 foron rexeitadas.

Así o manifestaron este mediodía hoxe en rolda de prensa o alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Urbanismo. A equipa liderada por Ferrol contaba como socios coas cidades de Cádiz, Plymouth (Reino Unido), Limerick (Irlanda), Ílhavo (Portugal), e Caen e La Rochelle (Francia). A última hora, sumábase a este consorcio, a cidade británica de Liverpool, que presentou máis tarde a súa documentación.

A cidade de Ferrol correspóndelle a máxima achega dos fondos, 554. 765 euros, dos que os Fondos Feder aportarán o 75% e o 25% restante, provirá do Concello. As contías que lles corresponden as cidades de Cádiz, ou Liverpool, por exemplo, rondan os 300.000 euros.

O proxecto, explicaba hoxe o rexedor, permitirá “a posta en valor do borde litoral urbano do Espazo Atlántico a través da recuperación de bens en desuso asociados ao patrimonio militar, marítimo e industrial”. No caso de Ferrol, beneficiarase particularmente desta achega europea, o Castelo de San Felipe, no que se está a traballar arreo desde o inicio do mandato para mudar a faciana desta xoia do patrimonio histórico municipal e baluarte turístico que se atopaba en clamoroso estado de desleixo.

O proxecto persegue o obxectivo de recuperar e facilitar o uso destes inmobles en desuso, para xerar actividades de valor engadido ao redor deles, co fin de promover o turismo cultural como factor de sustentabilidade económica.

Este programa de cooperación Transnacional Espazo Atlántico ten un período temporal de 2014 a 2020 e contribuirá á estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e para a consecución da cohesión económica, social e territorial, mediante o fomento das actividades de cooperación entre as rexións atlánticas de Francia, Irlanda, Portugal, España e Reino Unido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s